Actualidade
Buscador de novas
Fabiola García destaca o incremento nun 12 % do orzamento de Política Social e Xuventude para o ano 2024, acadando un novo récord histórico ao superar os 1.205 M€
Supón tres veces máis que o destinado a este ámbito no ano 2009
Fabiola García destaca que o novo decreto de dependencia reducirá os tempos de espera na atención
Asegurou que esta é a reforma máis ambiciosa desde a aprobación no ano 2006 da Lei estatal neste ámbito
Rueda anuncia que a partir de xaneiro as persoas maiores de 65 anos poderán viaxar de balde no transporte público da Xunta
Destaca que medidas como estas demostran que os Orzamentos de 2024 son útiles e procuran “solucionar os problemas da xente”, á vez que ratifican que o Goberno galego “segue a apoiar as persoas maiores”
Rueda destaca que Galicia contará con sete das mellores residencias de maiores do mundo grazas á colaboración entre a Xunta e a Fundación Amancio Ortega
A FAO entrega chave en man á Xunta a residencia en Compostela, de 120 prazas, para a súa incorporación á rede pública autonómica, tras una inversión de 25 millóns de euros na construción e equipamento do centro
Fabiola García sinala que Galicia será a única comunidade en contar cun complemento universal ao Bono Residencia
Será unha axuda extra de 1.200 euros ao ano que beneficiará a máis de 10.000 galegos para o pago dunha residencia privada
A Xunta destinará 100 M€ ao ano ao bono coidado universal para axudar a todos os dependentes que son atendidos no seu fogar
Unhas 20.000 familias beneficiaranse do Bono coidado universal, axuda de 5.000 euros ao ano para todas as persoas dependentes que reciben atención nas súas casas por parte dun familiar, dun veciño ou calquera outra persoa
Preto de 10.000 persoas maiores de 75 anos incorporáronse ao uso de internet en Galicia en só un ano
Entre 2021 e 2022 rexistrouse un incremento de internautas deste tramo de idade superior ao 15%, o máis elevado nese período de tempo
A Xunta e o Concello de Ribadeo abordan melloras no centro de día público autonómico
De maneira inminente, destinaranse máis de 17.600 euros a mellorar a carpintería exterior, coa substitución das portas de madeira de máis de sete metros de altura situadas na planta baixa deste edificio singular de titularidade municipal
A Xunta estuda co Concello de Teo a creación dun novo centro de día de atención a maiores
O Goberno galego colabora coas Administracións locais na posta en marcha de máis e mellores servizos de atención como o Servizo de Axuda no Fogar