Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.028 novas da área temática Emerxencias e interior:

17/12/2024 | 13:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta informa favorablemente da revisión do Plan especial de protección civil ante o risco de terremotos en Galicia

Actualízase así o documento aprobado en 2009 para a súa adaptación á nova normativa e á estrutura dos plans especiais autonómicos

13/12/2024 | 10:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis dun cento de persoas formarán parte da 17ª promoción de policía local da Agasp para cubrir prazas nunha trintena de concellos

O DOG publica hoxe a convocatoria do curso básico selectivo que deberá superar o alumnado e do que comezarán as clases o próximo 17 de xaneiro

12/12/2024 | 13:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende un cambio de modelo na xestión das emerxencias transfronteirizas mediante ferramentas para a anticipación e optimización dos recursos

O director xeral de Emerxencias e Interior participa na entrega dos premios que concede a Autoridade de Xestión do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal para a posta en valor das distintas iniciativas de colaboración

11/12/2024 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo destaca o labor da Policía Autonómica a prol da seguridade e o benestar colectivo

Na entrega das medallas da unidade policial agradeceu a dedicación, a vocación de servizo e a coraxe que demostran os axentes no seu día a día

09/12/2024 | 13:09 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega 42.000 euros ao Concello do Incio para adquirir un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes asinou un convenio coa entidade local para financiar o novo equipamento

06/12/2024 | 15:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por costeiros no litoral da Coruña e de Lugo

Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina webdo CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese

05/12/2024 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta enxalza a importancia do persoal voluntario de Protección Civil na prevención e atención ás emerxencias con motivo do Día do Voluntariado

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou no acto de recoñecemento organizado en Verín pola Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense

03/12/2024 | 19:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva investidos nos últimos anos case 190 M€ no funcionamento, o equipamento e a formación dos servizos de emerxencias

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que a Xunta tamén mantén actualizados todos os protocolos e plans de actualización e organiza de maneira periódica simulacros cos que comprobar a eficacia da coordinación dos efectivos

02/12/2024 | 15:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra recibe aos representantes dos máis de 80 efectivos da provincia que colaboraron nas tarefas de recuperación dos danos causados pola DINA

Reguera, acompañado polo subdirector de xeral de Planificación e Protección Civil, escoitou as experiencias dos efectivos desprazados