Actualidad
Buscador de noticias
A Xunta afonda no patrimonio accesible e inclusivo nunhas xornadas coa Asociación de Letrados e o Colexio de Arquitectos
O evento ‘Cara a un patrimonio cultural accesible e inclusivo. Unha visión holística do patrimonio cultural’ será inaugurado mañá pola directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez
A Xunta licita a renovación da cuberta da igrexa de San Salvador no concello da Lama con case 75.000€
O obxectivo da actuación é, nun prazo de dous meses, resolver as patoloxías máis urxentes do edificio para garantir o uso cultural que ten na actualidade
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas en concellos de ata 10.000 habitantes
O obxectivo principal destas axudas é fomentar actuacións de rehabilitación de espazos singulares, promover accións que contribúan a unha maior integración coa paisaxe e respecto dos valores ambientais, a dixitalización de recursos con potencial turístico, así como a mellora da fachada turística e a corrección de impactos paisaxísticos en zonas costeiras
A Xunta incoa o expediente de declaración BIC do Pazo de Lourizán como edificación singular e senlleira
O Diario Oficial de Galicia publica o inicio dos trámites deste proceso co que o Goberno autonómico dá un paso máis para a súa futura rehabilitación
A XXVI Feira de Artesanía de Ourense conta coa participación de 19 obradoiros de Artesanía de Galicia
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, acompañada pola xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, e o director do Centro de Referencia Nacional de Artesanía, Antonio Suárez, visitou esta mañá a feira que se celebra na rúa do Paseo ata o domingo 7 de maio
A Xunta impulsa a comercialización da Artesanía de Galicia con apoios para a participación e a organización de feiras
A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación acaba de publicar un programa de axudas por 265.000 euros do cal poden beneficiarse obradoiros artesanais, concellos e asociacións profesionais e empresariais do sector
A nova Lei de Artesanía de Galicia modernizará este sector e incrementará a súa profesionalidade e competitividade
O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de lei co que comeza agora a súa tramitación parlamentaria para actualizar a normativa actual que conta con máis de 30 anos
A Xunta está a rematar a limpeza da Muralla para acoller aos cirrios nas vindeiras semanas
Os labores nos muros interiores, onde a presenza dos paxaros é escasa, serán supervisados por un biólogo
A Policía Autonómica recupera 15 pezas metálicas de elevado valor arqueolóxico no marco da Operación Bronce
Os axentes identificaron a dúas persoas como presuntas autoras dun delito contra o patrimonio histórico e outro de apropiación indebida