Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca a xenerosidade e a entrega do persoal voluntario de Protección Civil a prol da prevención e a seguridade cidadá
O director xeral de Emerxencias e Interior recolleu no nome do presidente do Goberno galego a máxima condecoración da Asociación Nacional de Protección Civil de España en Galicia e participou no encontro provincial destes colectivos na Coruña
A Xunta aproba definitivamente o Plan básico municipal de Alfoz para dotar o concello dun instrumento eficaz de ordenación do territorio
O plan, que clasifica dous ámbitos de solo urbano consolidado e un total de 118 núcleos rurais, constitúe un instrumento urbanístico que permitirá ao municipio lucense ofrecer capacidade de acollida residencial e económica
Alfonso Villares defende a sostibilidade como un dos elementos que garanten a soberanía alimentaria
Para lograr este obxectivo, destaca a importancia de apostar pola I+D+I, que debe ser en equilibrio cos piares social e económico, tal e como a Xunta defende no marco da reforma da PPC
A Xunta destaca a súa aposta pola competitividade empresarial con máis recursos, innovación e acompañamento personalizado
A directora do Igape, Covadonga Toca, participa no I Gran Foro de Competitividade e Reindustrialización, onde subliña que “reindustrializar Galicia é unha oportunidade para crear emprego, reter talento e facer medrar as nosas pemes sen que perdan a súa esencia”
A Xunta apoia o sector forestal-madeira con máis de 16 M€ para industrias forestais e o fomento do uso da madeira en construción
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández, xunto co director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luís Chan, clausura a Asemblea do Grupo Provincial de Rematantes e Serradoiros de Madeiras de Pontevedra
A Xunta expón no Comité das Rexións as medidas adoptadas en Galicia en liña co obxectivo comunitario de aumentar a competitividade da UE
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE interveu no debate sobre o ditame ‘Unha Europa máis sinxela e rápida’ na comisión Civex
A Xunta contribúe á rexeneración do banco de libre marisqueo de Bohído-Ría de Arousa coa semente de 145.700 unidades de ameixa babosa
Os exemplares son o resultado do traballo do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), no marco da liña estratéxica do Goberno galego de conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños
A Xunta lanza un programa de cooperación con Portugal de 1,3 M€ para promover a inserción laboral da mocidade nos mercados de Galicia e o norte luso
Lara Meneses erixe esta acción como un “piar fundamental” para mellorar as oportunidades de emprego da xente nova e rexuvenecer o tecido produtivo
A Xunta destaca o papel de programas como o FOEXGA na internacionalización das pemes galegas
A directora do Igape, Covadonga Toca Carús, visita Bodegas Godeval, exemplo do impulso que ofrece esta colaboración público-privada na proxección internacional do tecido empresarial galego