Actualidade
Buscador de novas
Arias sinala que ata 20 liñas de autobuses financiadas pola xunta prestan servizo aos veciños de Láncara
O delegado territorial de Lugo destaca que o Goberno galego adaptou a oferta para asumir o notable incremento de usuarios, derivado da superación da pandemia, do inicio do curso escolar e do abaratamento do billete
A Xunta activa o plan de vialidade invernal na provincia de Lugo con 87 profesionais e 1.740 toneladas de fundentes para garantir a seguridade e a mobilidade nas vías autonómicas
O plan, en servizo desde hoxe, mobiliza na provincia un dispositivo de 58 máquinas, entre camións, follas ou esparexedores de sal, para reforzar a seguridade viaria ante os episodios de xeo e neve
A Xunta destinará o vindeiro ano 5,5 M€ ás bonificacións e conxelación das peaxes das autoestradas autonómicas, o que beneficiará a case 28.000 usuarios cada día
Ethel Vázquez salienta que a aposta do Executivo galego por unha mobilidade máis social volverá manter o vindeiro ano intactas as tarifas das autoestradas A Coruña-Carballo e Vigo-Baiona, evitando o impacto do IPC e manténdoas como as máis baratas de España
Rueda anuncia que a Xunta destinará 5 M€ en 2024 a implantar a gratuidade no transporte público autonómico para os maiores de 65 anos
Destaca que poderán viaxar de balde nas 3.500 “liñas de autobús da Xunta, no barco da ría de Vigo e no FEVE de Ferrol”
Ethel Vázquez destaca que 160.000 menores de 21 anos viaxan gratis en transporte público coa tarxeta Xente Nova, que permitiu un aforro familiar de 7,1 M€ no que vai de ano
Vázquez Mourelle remarca a “acollida espectacular” que está a ter esta iniciativa autonómica, batendo récords no mes de xullo coa expedición de 4.209 tarxetas
Ethel Vázquez insta ao goberno de España a demostrar cun Plan Director completo unha aposta polo Corredor Atlántico equivalente á do Mediterráneo
Vázquez Mourelle lamenta os evidentes retrasos nas actuacións estatais prioritarias para Galicia e na ausencia dun compromiso claro do Goberno de España coas necesidades da nosa comunidade en materia de estradas e de ferrocarril
Rueda anuncia que a partir de xaneiro as persoas maiores de 65 anos poderán viaxar de balde no transporte público da Xunta
Destaca que medidas como estas demostran que os Orzamentos de 2024 son útiles e procuran “solucionar os problemas da xente”, á vez que ratifican que o Goberno galego “segue a apoiar as persoas maiores”
A Xunta publica hoxe no DOG a convocatoria dos actos expropiatorios para executar as obras da senda entre Mollavao e Os Praceres, no Concello de Pontevedra
Esta actuación, que se desenvolverá na estrada vella de Marín, a PO-546, prevé un investimento de máis de 6,8 M€ e licitarase antes de finais de ano
A Xunta convoca o 6 de novembro as probas para obter ou renovar o certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada ou ferrocarril
Os exames terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) entre as 16 e as 19 horas
Os orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para o ano 2024 na provincia da Coruña acadan preto de 266 M€
A Xunta destinará 111 M€ a avanzar na vertebración territorial e na mellora das estradas convencionais, con case 21 M€ dirixidos á conservación de estradas, supresión de tramos de concentración de accidentes ou mellora da mobilidade