Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.327 novas da área temática Administración pública:

30/05/2025 | 14:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Lugo aproba un suplemento de crédito de 1,1 M€

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na reunión do pleno  do organismo, na que se aprobou a conta xeral co incremento para facerlle fronte á suba salarial acordada cos traballadores

30/05/2025 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na adquisición dun vehículo ECO para os servizos ambientais do concello de Beade

A directora xeral de Administración Local visitou este municipio para comprobar as prestacións do novo vehículo adquirido ao abeiro das axudas do Fondo de Compensación Ambiental

30/05/2025 | 14:19 | C. de Sanidade; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Política Social e Igualdade
30/05/2025 | 14:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia completa a implantación do sistema de recollida separada de envases lixeiros coa adhesión do Concello da Coruña

A sinatura permitirá que o Goberno local vaia implantando paulatinamente o que sería o quinto contedor da cidade, facilitando que a veciñanza poida separar axeitadamente esta fracción e cumprir co que establece a normativa europea

29/05/2025 | 18:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a capacidade tractora de ‘Vilas Vivas’ para impulsar o comercio local e as sinerxías coa riqueza vitivinícola, cultural ou termal de Ribadavia

A Xunta destinará 590.000€ a unha iniciativa cuxas actividades arrancarán no último trimestre buscando o diálogo cos recursos endóxenos da vila para ofrecer unha experiencia integral ao visitante, contando tamén co potencial mobilizador do AVE

29/05/2025 | 11:39 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia destinou máis de 210 millóns en 2024 á transformación dixital e á universalización dos servizos públicos en rede

A memoria anual da Amtega destaca os avances na Administración electrónica, na conectividade do territorio ou na monitorización da actividade e benestar nas residencia de maiores

29/05/2025 | 11:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca en Ares o compromiso da Xunta cun abastecemento de auga eficiente e adaptado ao futuro do concello

O proxecto conta cun orzamento global de case 4,3 millóns de euros (1,7 millóns aportados pola Xunta a través de Augas de Galicia), e comezará a desenvolverse no último trimestre de 2025

29/05/2025 | 08:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
28/05/2025 | 16:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e o Concello de Cambados estudan posibles vías de colaboración para potenciar a praza de abastos do municipio

O conselleiro destacou a aposta do Executivo galego para impulsar os mercados de abastos como o mellor escaparate do produto galego de calidade, vencellándoos á contorna na que se integran tal e como reflicte o Plan estratéxico do comercio