Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inaugura en Ribadavia o mercado ‘Artesanía, Saber e Sabor’ como punto de partida do proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas
José González convidou a gozar da ampla programación prevista para estes días en Ribadavia arredor dos produtos artesáns e alimentarios de calidade e sinalou que este mercado suporá un punto de inflexión na recuperación do tecido comercial da vila
A Xunta amplía ata máis de 11,5 M€ as axudas dos programas integrados de emprego para favorecer as oportunidades laborais dunhas 5.500 persoas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o incremento de máis de 1,3 M€ no crédito da última convocatoria destas achegas, o que supón unha suba de case un 12% e que permitirá desenvolver seis programas máis
A Xunta leva a Madrid a iniciativa ‘O camiño do emprendemento musical’ cun evento que reunirá profesionais de referencia neste sector
O vindeiro xoves, 11 de decembro, a Casa de Galicia en Madrid acollerá a partir das 16,30 horas un evento no que emprendedores de referencia nacional e internacional vencellados á industria musical compartirán experiencias e talento
A Xunta reforzará con novas accións a modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia
Pablo Fernández destacou o desenvolvemento e implantación da ferramenta EMi, que está dispoñible nas 54 oficinas de emprego de Galicia e sincroniza oferta e demanda laboral co apoio da intelixencia artificial
Medio Rural reforzará as medidas a prol da remuda xeracional a través da formación, a titorización e os apoios para a incorporación ao agro
María José Gómez sinalou no Parlamento que a remuda é unha prioridade estratéxica do seu departamento para garantir que a mocidade teña oportunidades reais para desenvolverse profesionalmente no rural