Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 976 novas da área temática Territorio:

12/05/2025 | 16:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Mar; A Presidencia da Xunta

Rueda avalía as inversións da Xunta na cidade e provincia de Lugo en áreas como a educación, a vivenda ou o saneamento

Realizáronse obras nunha vintena de centros escolares da cidade ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica por máis de 14 M€ e estase a rehabilitar o IES Lucus Augusti

09/05/2025 | 15:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias explica á comisión da Piringalla a normativa sobre os horarios de verbenas e festas populares

O delegado territorial da Xunta respondeu as dúbidas que lle trasladaron os organizadores das festas deste barrio de Lugo a raíz dunha recente xuntanza que mantiveron con responsables do Concello

09/05/2025 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en marcha un programa para facilitar ás entidades locais a posta a disposición de solo para a construción de vivenda protexida

O Goberno galego abre o prazo para que as administracións locais teñan a capacidade de sacar a concurso as parcelas da súa titularidade, para construír vivendas de protección autonómica, coa axuda do IGVS, a través desta nova ferramenta

09/05/2025 | 12:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca a quinta edición dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2025 da Xunta, cunha dotación total de 35.000 euros

M. Allegue subliñou que estes galardóns buscan seguir a impulsar a excelencia da arquitectura galega “así como o talento, innovación e compromiso cun deseño de calidade que atesouran os nosos profesionais do sector”

08/05/2025 | 18:59 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta e Stellantis continuarán traballando conxuntamente para reforzar a competitividade das empresas provedoras do sector de automoción en Galicia

Destaca que o ecosistema de empresas, centros tecnolóxicos e de coñecemento que rodea a fábrica de Stellantis en Vigo son un valor engadido que convén seguir afianzando

08/05/2025 | 14:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Galicia acollerá por primeira vez o Congreso Internacional de Ordenación do Territorio (CIOT), que se celebrará en Santiago do 12 ao 15 de novembro

O simposio abordará os retos e necesidades da planificación territorial baixo o título “Cultura territorial: o futuro non se improvisa”

08/05/2025 | 13:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia que a Xunta licitará en xuño a primeira fase da ampliación do colexio CEIP Rosalía de Castro do Grove

A Xunta investirá arredor de 2,6M€ na mellora completa do centro, que se dividirá en dúas intervencións e cuxa obra comezará a finais de ano

08/05/2025 | 13:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta capturou máis de 40.000 raíñas de vespa velutina en niños primarios mediante o trampeo e xa colocou máis da metade das 20.000 trampas previstas

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou hoxe no Parlamento galego os puntos prioritarios de actuación, que se enfoca no trampeo planificado, selectivo e xeolocalizado, a actuación sobre os niños primarios, a captura de raíñas e a formación de profesionais e da cidadanía

06/05/2025 | 14:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo e o alcalde de Frades reúnense para seguir avanzando nas vías de colaboración entre ambas administracións

A representante do Goberno autonómico repasou co alcalde a situación dos proxectos comprometidos con este Concello que contan co apoio do Goberno galego