Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 32.468 novas da área temática Áreas temáticas:

28/02/2026 | 14:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca que a Xunta está a investir máis de 12 M€ na renovación e modernización dos centros de Santiago

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades comproba o resultado do cambio de cuberta do Instituto A Pontepedriña, cun orzamento de máis de 306.000 €

28/02/2026 | 13:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca o papel dos Centros Galegos de Recuperación de Fauna Silvestre na atención a animais feridos ou débiles para devolvelos ao medio natural

Ángeles Vázquez explica que todo apunta a que estas aves se viron afectadas polos temporais encadeados das últimas semanas, o que lle impediu parar a descansar facendo que acabasen con episodios de esgotamento extremo e debilidade

28/02/2026 | 13:35 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude
28/02/2026 | 13:14 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García comproba o avance das obras da futura residencia de maiores de Piñor, que contará con máis de 40 prazas públicas

O Goberno galego financia con 1,2 millóns de euros a construción deste centro, que se enmarca no Plan de Investimentos, dotado con 18,5M€ para obras de mellora de centros de atención diúrna e residencial de titularidade municipal

28/02/2026 | 12:52 | C. do Mar

Villaverde destaca a achega de máis de 521.000 € para o desenvolvemento da actividade na confraría de Cedeira no 2025

A conselleira do Mar analizou cos representantes do pósito os últimos investimentos realizados

28/02/2026 | 12:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo destaca o éxito da orde de axudas para actuacións que permitan previr os risco do cambio climático que contan cun investimento de 2 M€

A delegada da Xunta visitou en Abegondo a actuación de redución da impermeabilidade do solo e da creación de muros vexetais no camiño de acceso á finca municipal de Os Loureiros

28/02/2026 | 11:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta defende que unha sociedade igualitaria esixe necesariamente a inclusión e integración de todas as persoas

María Quintiana reivindicou o importancia de crear espazos de diálogo e reflexión para contribuír a que todas as mulleres gañen espazo na sociedade

28/02/2026 | 11:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inxectará case 500.000 euros ata 2028 para o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar en Vedra

Nesta lexislatura incrementarase nun 50% a achega autonómica a esta prestación, que é de competencia municipal

28/02/2026 | 11:32 | C. de Sanidade

A Xunta promove a realización de exercicio físico coa organización das andainas Camiña e Conecta no día mundial da obesidade

Os concellos de Cerceda, Lugo, Ourense, Redondela e Porto do Son acollerán o vindeiro mércores, 4 de marzo, a saída duns roteiros que teñen por obxectivo combater o sedentarismo entre a poboación galega

28/02/2026 | 11:02 | Axencia de Turismo de Galicia

Os mercados portugués, alemán e nacional centran o interese de Turismo de Galicia este mes de marzo na súa estratexia de promoción do destino

A Xunta terá presenza nas feiras FIO 2026, BTL Lisboa, ITB Berlín e B-TRAVEL 2026, chegando a públicos finais e profesionais