Actualidade
Buscador de novas
A Xunta apoia a produción de tres libros de ‘Os Balbinos’ adaptados en lectura fácil en galego
Os volumes ‘Os Balbinos visitan os pazos de Galicia’, ‘Os Balbinos visitan os museos naturais de Galicia’ e ‘A Lúa e a Bal gústalles a música’ presentáronse esta mañá
A Xunta e a cámara de comercio promoven a formación dos profesionais do sector cultural galego na innovación tecnolóxica
Ambas as dúas administracións colaboran co fin de apoiar os traballadores das industrias culturais no uso das novas tecnoloxías aplicadas á xestión, produción e difusión de proxectos
A Xunta destina 185.000 € para mellorar a descrición dos fondos documentais dos arquivos
A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, diríxese a concellos e entidades sen fin de lucro galegas
A Xunta pon en marcha a nova programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios con 307 funcións en 42 concellos ata xuño
A primeira carteleira semestral de 2026 ofrece as estreas dos espectáculos de Fran Sieira Compañía de Danza, Ibuprofeno Teatro, De Ste Xeito Producións, Os Náufragos Teatro, Artyc Content, Talía Teatro ou Carlota e Compañía
López Campos anuncia que a Xunta rematará este mes a reforma do sistema de climatización do CGAC
A intervención impulsada polo Goberno galego conta cun investimento dun millón de euros para optimizar as condicións de temperatura e humidade precisas tanto para a conservación das obras como para o benestar dos visitantes
A Xunta abre o prazo para solicitar 36 bolsas de formación en arquivos e museos
Os interesados xa poden enviar as súas solicitudes a través da sede electrónica
Belén do Campo destaca que a Xunta impulsa a eficiencia enerxética na biblioteca e na sala museo da Casa da Cultura de Corcubión mellorando o servizo á cidadanía
O Concello contou cunha achega do Goberno galego de 27.000 euros para a instalación dun sistema de bomba de calor que permite reducir de maneira significativa o consumo enerxético e as emisións de dióxido de carbono