Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 721 novas da área temática Exterior:

02/03/2024 | 12:30 | C. do Medio Rural

A Xunta terá por primeira vez presenza institucional na feira alemá Prowein, na que promocionará os viños de 16 adegas galegas de cara a abrir novos mercados

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adscrita á Consellería do Medio Rural, contará no evento cun posto propio que agrupará a estas empresas, e que xunto cos consellos reguladores, tamén presentes neste espazo, representarán en Düsseldorf ás cinco DO da nosa comunidade

01/03/2024 | 10:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza a aposta pola internacionalización cunha nova antena do Igape en Emiratos Árabes

Permitirá identificar oportunidades de negocio, atender a demanda de información e ofrecer servizos de apoio nun mercado en auxe que inclúe outros países do golfo Pérsico como Arabia Saudita, Irán, Kuwait, Omán ou Qatar e que suma 147 millóns de habitantes

28/02/2024 | 16:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Comisión Europea abordan a nova visión da acción exterior europea

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou a primeira sesión do ano do ciclo ‘Encontros Virtuais Xunta-UE’

21/02/2024 | 11:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa en Bruxelas nunha xornada de cooperación coa ribeira sur do Mediterráneo

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, clausurou como voceiro da Comisión CIVEX un encontro sobre proxectos de cooperación co Norte de África, especialmente con Libia
 

19/02/2024 | 18:28 | C. do Medio Rural

A Xunta esixe ao Goberno que lidere en Bruxelas a petición dunha “moratoria urxente” da normativa europea que pon trabas burocráticas ás explotacións

José González remarcou a necesidade de suspender a aplicación da lexislación que “está afogando” aos produtores e de facer “unha reflexión estratéxica” sobre o rol do sector primario en cuestións como a soberanía alimentaria ou a xestión do territorio

01/02/2024 | 13:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia e as rexións europeas promoven un novo modelo de xestión de riscos para a agricultura

O Goberno galego realizou contribucións a un ditame aprobado hoxe polo Comité Europeo das Rexións sobre a xestión de riscos e a regulación do mercado para reforzar a actividade agrícola e garantir a seguridade alimentaria europea

24/01/2024 | 14:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia reivindica no Comité Europeo das rexións a importancia da dimensión rexional nas relacións da UE co Reino Unido

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia na última reunión do órgano do Comité Europeo das Rexións especializado nas relacións post-Brexit

15/01/2024 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda con UNRWA España a situación da poboación refuxiada palestina na franxa de Gaza

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibiu a directora en España da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos, Raquel Martí, á que da trasladou a colaboración da Xunta en apoio a esta poboación