Actualidade
Buscador de novas
A Xunta dá luz verde ao informe ambiental da modificación do PXOM da Coruña para construír unhas 520 vivendas protexidas máis en Xuxán
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúe que os cambios de uso no sector SURT-2 do antigo Ofimático non terán efectos adversos significativos
Ana Ortiz anuncia a “inminente” apertura do concurso público para alugar un novo local no Casco Vello de Vigo
A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou este luns o baixo do edificio de Elduayen 31 rehabilitado na zona alta do barrio histórico
A Xunta destina 2,2 M€ ás axudas dirixidas á rehabilitación de edificios de titularidade municipal e de infravivenda
Allegue destaca que as axudas para rehabilitar vivendas de titularidade municipal amplíanse aos concellos de 30.000 habitantes e a Xunta apoiará tamén o financiamento de proxectos de rehabilitación que inclúan obras de ampliación
O Observatorio de Vivenda de Galicia acorda a creación da comisión que impulsará a construción de vivendas con técnicas industrializadas e co emprego da madeira
Na primeira reunión do ano deste órgano creáronse tres seccións de carácter técnico, social e de financiamento e intermediación
A Xunta licita a redacción do proxecto para construír en Santiago o primeiro edificio de aloxamentos compartidos e temporais para menores de 36 anos
É o primeiro destes inmobles que o Goberno galego construirá en Galicia para ofrecer unha solución habitacional ás necesidades transitorias de residencia da mocidade
A Xunta inicia a construción dun novo edificio de 50 vivendas de promoción pública en Xuxán, na Coruña, cun investimento de case 11 M€
Allegue destacou que se prevé que os traballos iniciados hoxe estean rematados no 2026, xunto a outras dúas promocións, coas que en Xuxán se porán a disposición da cidadanía o vindeiro ano un centenar de vivendas
A Xunta inicia a construción dun novo edificio de 46 vivendas de promoción pública en Navia, en Vigo, cun investimento de 9,6M€
Allegue explicou que este inmoble, cuxo remate se prevé mediados do vindeiro 2026, está financiado maioritariamente con fondos propios da Xunta, que achega 7,3M€
A Xunta inicia as obras de urbanización residencial de Pedralonga, na Coruña, cun investimento de 3,5 M€
Trátase dunha das actuacións recollidas no Proxecto de Interese Autonómico do Novo CHUAC, e a urbanización reserva solo para 17 vivendas unifamiliares destinadas ás persoas propietarias que optaron pola reubicación, como parte da compensación pola expropiación
Un total de 20 mozos do Concello de Curtis recibiron nos últimos 3 anos axudas da Xunta para adquirir vivendas
Nas dúas últimas convocatorias, Curtis sumou 13 beneficiarios destes incentivos, atopándose entre os concellos á cabeza en número de concesións destas axudas