Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 693 novas da área temática i+D+i:

03/05/2023 | 18:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía co empresariado galego as oportunidades que achega a transición ecolóxica para a implantación dun novo modelo industrial

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde unha reunión con representantes da comisión de enerxía da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

03/05/2023 | 15:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia e a Fundación Barrié danlle un novo pulo ao Programa Ignicia coa constitución dun Comité asesor con expertos de prestixio

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe na constitución deste órgano consultivo que ten como obxectivo optimizar as actuacións do programa en base ás necesidades do ecosistema de I+D+i

03/05/2023 | 14:50 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García reivindica o uso da tecnoloxía para mellorar a atención á discapacidade

Comprobou os beneficios dun novo programa de rehabilitación con diatermia e o uso de impresoras 3D que desenvolve a entidade e que financia integramente a Fundación Carrefour

02/05/2023 | 13:46 | C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta enxalza o intenso labor dos investigadores galegos na recollida de datos para mellorar a xestión das zonas costeiras e prever incidencias

Ángeles Vázquez salienta que Galicia conta con importantes centros de referencia nacional e internacional que traballan na obtención e análise de múltiples parámetros do medio mariño a través de redes como o Observatorio costeiro

28/04/2023 | 15:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta que a nova Estratexia de Especialización Intelixente é unha oportunidade para transformar Galicia a partir da I+D+i

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, informou esta mañá no Parlamento de Galicia sobre a nova folla de ruta que guiará a política de I+D+i de Galicia ata 2027

28/04/2023 | 12:11 | C. de Economía e Industria

Martina Aneiros destaca a importancia das novas tecnoloxías e o deseño na vida cotiá durante a apertura do espectáculo ‘Explorando o futuro’

A iniciativa, enmárcase no programa D’Tec da Xunta de Galicia, orientado ao fomento das vocacións científico-tecnolóxicas entre os máis novos

26/04/2023 | 14:49 | C. de Economía e Industria

Trinta pemes galegas van poder internacionalizar os seus produtos ou servizos innovadores a través do programa Galicia Avanza da Xunta e Tecnópole

Nesta segunda edición do programa, aumentaron as solicitudes un 43 % e as empresas participantes proceden das catro provincias galegas e de sectores moi diversos

25/04/2023 | 14:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta agradece á comunidade científica o esforzo realizado durante a covid-19

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou na presentación dos resultados de oito proxectos de I+D+I da Universidade de Santiago de Compostela que contaron co apoio da Administración autonómica

25/04/2023 | 14:21 | C. de Sanidade

Comesaña dá a benvida aos 31 novos investigadores que se incorporan ao Sergas

O Servizo Galego de Saúde conta cun total de 151 Investigadores, que se foron incorporando ao longo dos últimos anos