Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 935 novas da área temática Industria:

06/09/2024 | 19:47 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o compromiso da Xunta co fomento da actividade empresarial e a implantación de pemes en Galicia

A conselleira de Economía e Industria visitou hoxe as instalacións da empresa Caravanas Juan

06/09/2024 | 15:29 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reclama a Alcoa que complete os requirimentos da Xunta e amose a súa vontade de querer continuar coa actividade

“Alcoa ten que ser seria con este expediente, ten que amosar a súa vontade de querer continuar coa súa actividade, de querer continuar traballando en Galicia e completar ese requirimento que lle está facendo o Goberno galego. Isto é esencial”, subliña

04/09/2024 | 16:20 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reivindica o bo momento que atravesa o sector naval en Galicia

Resalta que, o feito de que a delegación galega sexa a máis numerosa das que proveñen de toda España, de onde proceden un total de 65 empresas, amosa o nivel e o bo momento que atravesa o sector naval en Galicia

31/08/2024 | 00:52 | C. de Economía e Industria

Máis de medio cento de empresas galegas participarán a vindeira semana na feira do sector naval de Hamburgo grazas ao apoio da Xunta

Trátase da feira máis importante a nivel internacional sobre construción naval, maquinaria e tecnoloxía marítima, que se celebrará do tres ao seis de setembro

22/08/2024 | 14:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina preto de 200.000€ para a mellora de tres viveiros industriais da provincia de Ourense

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, visitou hoxe o viveiro empresarial de A Veiga, un dos beneficiarios desta liña de axudas da Administración galega

19/08/2024 | 12:27 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta impulsa a mellora dos viveiros industriais ourensáns dos parques empresariais de Vilamarín, O Carballiño e A Veiga

Manuel Pardo explicou que a través destas axudas, que na convocatoria deste ano 2024 estivo dotada con 1,5M€, o Goberno galego apoia a creación de novos viveiros e a mellora daqueles que xa están operativos en Galicia a través de actuacións de reforma ou de dotación de equipamentos e infraestruturas

13/08/2024 | 14:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina máis de 5M€ para a creación e mellora de viveiros industriais nos parques empresariais de Galicia

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, visitou hoxe un viveiro industrial en Dozón

12/08/2024 | 12:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais colaboran para desenvolver actuacións de concienciación sobre seguridade industrial

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, mantivo hoxe un encontro co decano do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Julio García, e máis co seu director de Xestión, Pablo Pérez

09/08/2024 | 17:54 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o labor de Datalife como indispensable para achegar a tecnoloxía dixital ao sector biotecnolóxico galego

Na reunión deuse conta dos proxectos que leva desenvolvido ata o de agora, enfocados, fundamentalmente á prestación de servizos de intelixencia artificial e robótica para a produción ecolóxica e sustentable no sector agroalimentario

30/07/2024 | 17:30 | C. de Economía e Industria

Lorenzana e a alcaldesa de Riós abordan proxectos de eficiencia enerxética no municipio ourensán

A xuntanza serviu para poñer en común diversos instrumentos de apoio local