Actualidade
Buscador de novas
Rueda reivindica o compromiso dos concellos galegos coa sostibilidade na entrega das Bandeiras Verdes 2025
Asegura que este distintivo recoñece o compromiso dos municipios e os veciños “con ter un concello fermoso e sostible”, exemplo do que significa “Galicia Calidade”
A Xunta realiza labores de conservación fluvial en preto de 1,5 quilómetros nos ríos Eume e Chamoselo, nas Pontes de García Rodríguez
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de seis semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
A Xunta subliña no Parlamento que a futura Lei do clima converterá Galicia nun referente capaz de ofrecer solucións ante os retos do quecemento global
Ángeles Vázquez considera necesaria unha base legal sólida para acadar a neutralidade climática no horizonte de 2040, reducir as emisións nun 75% ao final desta década, adaptar o territorio ao cambio climático e xerar emprego verde
A Xunta anima aos concellos de Pontevedra a solicitar ata 40.000 € en axudas para reparar infraestruturas de uso público danadas polo lume en espazos protexidos
Ángeles Vázquez lembra que o prazo para acollerse a calquera das liñas de subvención convocadas pola Xunta ampliouse ata o 30 de outubro de forma que tamén poidan beneficiarse os afectados polos incendios forestais ocorridos despois do verán
A Xunta dá luz verde ambiental condicionada á instalación dun campamento turístico en Ferrol
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actuación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta salienta que o contador automático de peixes instalado no Ulla xa está subministrando datos clave para a conservación das poboacións migradoras do río
Tras incidir en que se trata dun sistema de control único na Península Ibérica, Ángeles Vázquez explica que combina tecnoloxía de escaneo e vídeo ademais de permitir a monitoraxe vía web de todos os exemplares que pasan pola escala
A Xunta recibe autorización xudicial para retirar os animais mortos localizados nunha nave en Ordes
A Administración autonómica axiliza este procedemento para evitar un problema sanitario e contacta co Concello porque afecta ás súas competencias
A Xunta comproba o estado e a sinalización do primeiro sendeiro accesible da reserva da biosfera Gerês-Xurés en Lobios
A directora xeral de Patrimonio Natural visita a renovada zona do aparcadoiro e a senda accesible do río Caldo pertencente ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
A Xunta desenvolve un proxecto piloto para retirar especies exóticas invasoras no río Miño, en Tui
A previsión da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático é que esta actuación pioneira poida servir de modelo para actuar noutras áreas xeográficas da Comunidade