Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 718 novas da área temática Transporte:

27/09/2023 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez denuncia que o Goberno de España solicitou a autorización para actuar sobre o río Ladrón 5 anos despois de iniciar o treito Arzúa-Melide da A-54

Lembra que ese curso fluvial aparece en toda a cartografía existente e destaca que Augas de Galicia outorgou en só 4 meses e 12 días a autorización, cando legalmente tiña 6 meses para facelo

26/09/2023 | 14:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e as concesionarias do autobús autonómico impulsarán a reserva de billetes e a mellora da información aos usuarios ante unha demanda que medra un 18 % polas deficiencias do ferrocarril e os incentivos económicos

O obxectivo é responder coa maior eficacia a demanda extraordinaria de usuarios do transporte público rexistrada, que no primeiro venres do inicio do curso bateu todas as marcas, con máis de 157.000 viaxes
 

24/09/2023 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza desde mañá as conexións de autobús dos concellos de Noia e Outes co Hospital Clínico de Santiago

Este reforzo inclúe a activación dun novo servizo diario desde Santiago ata Muros ás 22,15 horas

22/09/2023 | 15:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta modificará desde o vindeiro xoves horarios nos servizos de autobús entre Tui e Vigo para atender axeitadamente o aumento da demanda

Esta solución dará resposta ao aumento de usuarios nesta liña, coincidindo co inicio do curso escolar

22/09/2023 | 14:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a ampliación en 400.000 € das axudas para adquirir taxis adaptados, de baixas emisións ou eléctricos, mobilizando neste exercicio un total de 900.000 euros

Os incentivos acadan os 10.000 € no caso dos eurotaxis, 6.000 € para a compra de vehículos de cero emisións e de 4.000 € para taxis de baixas emisións, sendo as axudas compatibles entre si

22/09/2023 | 13:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O proxecto de prolongación da autovía Tui-A Guarda entre a estrada PO-350 e Estás acada o visto e prace ambiental

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio coa resolución da declaración de impacto ambiental, na que se conclúe que a infraestrutura viaria é viable sempre que se cumpran os condicionantes recollidos no propio documento

21/09/2023 | 15:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
21/09/2023 | 14:44 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto da terminal de autobuses da estación intermodal de Lugo, que suporá un investimento autonómico de 13,7 M€

Asegura que o obxectivo é seguir avanzando no impulso da mobilidade sostible a través do “fomento do uso o transporte público”

21/09/2023 | 12:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Preto de 10.000 lucenses menores de 21 anos viaxan gratis por Galicia nos buses da Xunta coa tarxeta Xente Nova

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou que a demanda do transporte público autonómico na provincia medrou un 13 % no primeiro semestre do ano

17/09/2023 | 10:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en marcha este luns a campaña anual de avaliación da calidade dos servizos do transporte público autonómico na que se potencia a participación cidadá

A nova campaña terá unha duración de 7 semanas e permitirá coñecer a valoración do transporte público autonómico por parte dos usuarios