Actualidade
Buscador de novas
Turismo de Galicia pecha o programa de promoción internacional do destino para o ano 2026 centrado no Xacobeo 2027
Xosé Merelles trasladoulles aos consejeros de turismo das oficinas de Turespaña a importancia da difusión da candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Unesco
Xosé Merelles destaca a aposta do alumnado do CSHG por unha formación que incrementa a calidade do servizo turístico de Galicia
O director de Turismo acompañado polo director do CSHG deulles a benvida a un grupo de alumnos que cursa primeiro curso do grao en Xestión de Empresas Hoteleiras
A Xunta destaca que máis de 11.300 persoas visitaron o Illote Areoso entre maio e setembro, o que significa máis do 56% da ocupación das prazas ofertadas
A modalidade de acceso máis empregada foi a de atraque sen motor que representou o 65,57% dos tres tipos de acceso
A Xunta salienta na clausura do Ourense Film Festival o papel do evento na proxección internacional de Galicia e na xeración de oportunidades para Ourense
O director de Turismo, o director xeral de Cultura, o delegado territorial en Ourense e a xerente de Galicia Calidade participaron no evento, que conta co apoio da Xunta
A Xunta reforza o seu compromiso cun Camiño de Santiago integrador, inclusivo e sen barreiras
Xosé Merelles recibiu esta mañá na Praza do Obradoiro a un grupo de familias da Asociación Nacional de Afectados de Deleción 1P36 tras realizar un tramo da ruta xacobea
Rueda mantén un encontro co embaixador británico centrado no impulso ao turismo e as relacións comerciais
O presidente da Xunta trasládalle a Alex Ellis cuestións de interese para o tecido empresarial galego, que de xaneiro a xullo exportou ao Reino Unido un 10,7 % máis que no mesmo período do ano anterior
A Xunta pon en valor o papel do deporte para avanzar na plena inclusión das persoas con discapacidade
Fabiola García garante o apoio do Goberno galego ás actividades deportivas pola súa relevante contribución a derrubar barreiras e fomentar a integración
A Xunta recibe en Pontecesures a 42 peregrinos da Irmandade Galega de Rubí que realizan o Camiño Portugués pola variante espiritual
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo en valor esta iniciativa como exemplo do labor que as entidades galegas realizan en Cataluña para manter vivas as nosas tradicións e fortalecer a identidade galega
Vigo e a súa área metropolitana acollerán ata final de ano 36 funcións da Rede Galega de Teatros e Auditorios co apoio da Xunta
A cidade olívica contará con 18 actuacións nunha programación que arranca este domingo coa obra familiar ‘Bulebule’, de Os Náufragos.