Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 990 novas da área temática Vivenda:

14/01/2025 | 17:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
14/01/2025 | 13:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta formaliza o contrato para a redacción do proxecto de construción de 56 vivendas de promoción pública en Valdecorvos, no concello de Pontevedra

Este contrato foi adxudicado por un orzamento de 260.769 euros, e conta cun prazo de execución de tres meses e medio

14/01/2025 | 12:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca novas axudas para facilitar a adquisición de vivenda, cun investimento total de 3,8 M€

Allegue explicou as tres modalidades convocadas, das que unha é a dirixida a menores de 36 anos para comprar vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes, dotada dun orzamento que se incrementa en 400.000€ con respecto a 2024

13/01/2025 | 11:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Martina Aneiros anima a concellos e particulares a solicitar as axudas da Xunta para a corrección de impactos paisaxísticos a partir do 20 de xaneiro

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convoca por quinto ano estas ordes de subvencións que contan cun orzamento de dous millóns de euros 

10/01/2025 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 8,2 M€ a rehabilitación de 8 inmobles en centros históricos de Ourense, Tui, Ribadavia, A Coruña e Viveiro para habilitar 25 vivendas públicas

María M. Allegue destaca o investimento de 7,4M€ de fondos propios da Xunta para as rehabilitacións licitadas hoxe, que recibirán tamén 793.389€ de fondos europeos MRR, o que supón o 9,6% do orzamento 

09/01/2025 | 13:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

O delegado da Xunta en Ourense supervisa as obras de rehabilitación dun edificio de vivendas públicas no Carballiño nas que o Goberno galego inviste preto de 80.000 €

Manuel Pardo destacou que esta liña de axudas da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, que contan cun orzamento dun millón de euros, están dirixidas ás comunidades de propietarios ou agrupacións de comunidades dos edificios de vivendas

08/01/2025 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de construción de 146 vivendas de promoción pública en Garabolos, en Lugo, cun investimento de 28,2 M€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe esta licitación e establece un prazo de presentación de ofertas que rematará o vindeiro 19 de febreiro

08/01/2025 | 13:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
07/01/2025 | 15:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 6,6 M€ as obras de 24 vivendas de promoción pública no polígono do Bertón, en Ferrol

O edificio, de baixo e tres alturas, sitúase na parcela 1 do polígono, na rúa As Constituíntes, e ademais das 24 vpp, contará con 74 prazas de garaxe, 24 rochos e 3 locais