Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 547 novas da área temática Enerxía:

17/03/2026 | 15:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende que Galicia está ante unha oportunidade histórica para ser un referente en materias primas críticas

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, clausurou hoxe unha xornada onde se presentou a sexta edición do congreso internacional Mining and Minerals Hall, que se celebrará en Sevilla do 20 ao 22 de outubro e no que Galicia será a comunidade convidada

14/03/2026 | 13:12 | C. do Medio Rural

Medio Rural reforzará os controis para vixiar a renovación de contratos do leite e reclama corresponsabilidade ás industrias no futuro do sector

Así o anunciou a conselleira tras unha reunión con UUAA para avaliar as contratacións que se van facer en vindeiros días nun contexto caracterizado pola entrada de excedentes de leite da UE a baixo prezo e unha suba dos custos de produción

11/03/2026 | 15:29 | C. de Economía e Industria

Lorenzana defende a repotenciación obrigatoria fronte ao plan do goberno de subvencionala para “disimular” a baixa execución dos fondos europeos

“Os parques eólicos son rendibles aínda pagándoa, por iso nós non defendemos que teña que facerse con axudas e impostos de todos os cidadáns”, di

10/03/2026 | 19:16 | C. de Economía e Industria

Lorenzana apela á necesidade de “ser cabais e prudentes” nas decisións que se adopten para consolidar a transición enerxética

Avoga por “seguir traballando con moitísima colaboración nun escenario moi inestable e moi complexo” como é o actual

09/03/2026 | 14:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo supervisa as melloras de eficiencia enerxética de dous edificios municipais no concello de Dumbría realizadas cun apoio da Xunta de case 150.000 euros

A delegada explicou que esta achega do Fondo de Compensación Ambiental non competitivo permitiulles realizar obras na Casa de Cultura de Olveiroa e no local social de Bustelo

25/02/2026 | 18:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 53.000 euros na mellora da eficiencia enerxética do IES Francisco Asorey, en Cambados

Substituíronse as antigas luminarias por unhas novas LED con tecnoloxía adaptativa á luz natural

24/02/2026 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 35.000 euros a instalar carpintarías máis eficientes no edificio do Tribunal de Instancia de Becerreá

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a mellora do illamento incrementa o confort e o aforro enerxético nas instalacións

23/02/2026 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo supervisa as obras de mellora de eficiencia enerxética no polideportivo e na piscina municipal realizadas cun apoio da Xunta de 60.000 €

A delegada da Xunta visitou o Concello para coñecer estas accións realizadas ao abeiro do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local

20/02/2026 | 16:53 | C. de Economía e Industria

Lorenzana subliña que o 100% da enerxía que xestione RDG vai repercutir en Galicia e anima os promotores eólicos a facer extensivo este programa a toda a comunidade

“Esta é a esencia desa nova política eólica que estamos defendendo e á que eu espero sumar os distintos responsables políticos, con independencia do seu partido, para que en Galicia poidamos ter un diferencial grazas a que temos tamén un diferencial que é o recurso natural”, di