Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 141 novas da área temática Portos:

27/11/2023 | 18:58 | C. do Mar

O conselleiro do Mar mantén un encontro institucional coa confraría e a concesionaria da lonxa de Ribeira

Alfonso Villares visitou a rula ribeirense, na que o seu departamento investiu 14 millóns de euros

26/11/2023 | 12:28 | C. do Mar

Portos de Galicia solicita ao Goberno central informe para poder licitar as obras do peirao da dársena interior de Muros, nas que investirá 150.000 euros

Esta actuación únese a outras 14 que están actualmente á espera de resposta do Ministerio para poder completar a súa tramitación

21/11/2023 | 19:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

Galicia defenderá ante o Tribunal Constitucional que ten competencias plenas para ordenar o seu litoral

A Xunta velará polos intereses das empresas e cidadáns con instalacións na liña de costa fronte a un Goberno central que obviou cuestións do informe do Consello de Estado que chocaban co seu obxectivo de eliminar todo vestixio humano do litoral

14/11/2023 | 16:03 | C. do Mar

A Xunta de Galicia ultima a contratación do servizo de limpeza dos portos autonómicos durante 2 anos por 9,6 millóns de euros

José Antonio Álvarez informou de que a licitación, que contempla a posibilidade de prórroga por 2 anualidades máis ata un valor total de 19,2 millóns, atópase en fase de proposta de adxudicación

06/11/2023 | 13:32 | C. do Mar

A Xunta lembra que as obras de mellora de abrigo do porto de San Adrián de Cobres están á espera de informe do goberno central dende hai máis de 8 meses

O proxecto atópase en tramitación ambiental, pendente de resposta de Costas do Estado dende o pasado 16 de febreiro

05/11/2023 | 10:23 | C. do Mar

Portos de Galicia aproba os documentos de delimitación de espazos e usos portuarios de oito peiraos coruñeses

Os portos beneficiarios son os de Ortigueira-Espasante, Mugardos-O Seixo, Betanzos, Caión e Portocubelo-O Pindo

04/11/2023 | 17:01 | C. do Mar

A Xunta aborda coas confrarías a necesidade dunha aposta firme pola seguridade no traballo como un dos retos para a pesca e o marisqueo de Galicia

Alfonso Villares pechou cunha mesa redonda un encontro con patróns maiores e responsables dos pósitos onde se trataron obxectivos do sector como o regreso a unha produción sustentable no económico, no social e no ambiental