Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 511 novas da área temática Turismo:

20/03/2024 | 14:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Oficina de Turismo da Xunta en Vigo supera os datos anteriores á pandemia e recibe máis de 57.000 consultas en 2023

A delegada territorial, Ana Ortiz, visitou este mércores o punto de información turística do Goberno galego na rúa Cánovas del Castillo

18/03/2024 | 11:52 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta lanza unha nova convocatoria de 14 bolsas de formación nas oficinas de información turística

O Diario Oficial de Galicia publica as bases desta edición para a que Turismo de Galicia destina un total de 90.000 euros para a realización de prácticas durante seis meses

16/03/2024 | 20:40 | Axencia de Turismo de Galicia

A Unión Europea de Ciclismo recoñece o traballo da Xunta a prol deste deporte e do cicloturismo

O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, recolle o recoñecemento no transcurso da inauguración do congreso internacional que se celebra desde hoxe en Santiago

15/03/2024 | 14:31 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta promove esta fin de semana Galicia como destino sostible e de calidade na feira B-Travel

Turismo de Galicia conta cun expositor propio no certame turístico de referencia de Cataluña que se celebra en Barcelona desde hoxe e ata o domingo

13/03/2024 | 10:44 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta incrementa o apoio ás festas de interese turístico de Galicia cun investimento de 500.000 €

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria que amplía o apoio que recibirá cada concello beneficiario ata un máximo de 4.000 euros  

10/03/2024 | 09:36 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta lanza un programa formativo en liña sobre o futuro da intelixencia artificial no sector turístico

Comezará o vindeiro mércores 13 de marzo e desenvolverase ata o 29 de abril

09/03/2024 | 09:30 | Axencia de Turismo de Galicia

Arranca a nova temporada dos trens turísticos de Galicia coa primeira saída da Ruta da Camelia

Hoxe comeza o primeiro dos 14 itinerarios que circularán este ano por Galicia nesta iniciativa na que un ano máis colaboran a Xunta de Galicia, Renfe e o Inorde

07/03/2024 | 15:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda coa embaixada de Australia en España vías de colaboración en materia de seguridade e turismo

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, recibiron a representantes da embaixada nun encontro no que se abordou a atención aos peregrinos procedentes do país australiano

07/03/2024 | 14:52 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta salienta a contribución da Vía da Prata para afondar na diversificación do Camiño de Santiago

O director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago participa en Andalucía na inauguración do ‘Congreso Camino Mozárabe de Santiago. Facendo Camiño’

06/03/2024 | 13:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca a contribución das empresas do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas a que en 2023 acadase un récord de case 515.000 visitantes

Ángeles Vázquez salienta que as sinerxías existentes entre o parque e as entidades que operan nel fan que este espazo se consolide como un destino de referencia para os visitantes que buscan o contacto coa natureza