Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 40.477 novas da área temática Áreas temáticas:

07/11/2026 | 09:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Unha nova liña de autobús conectará desde o próximo luns o concello de Outes cos centros de ensino de Noia

O servizo da mañá sairá da zona do Freixo ás 07,55 e chegará á estación de autobuses de Noia ás 08,15 horas

06/11/2026 | 22:56 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca a contribución do profesor Peña Guitián á transformación da pediatría en Galicia e á formación de xeracións de médicos

Lembra o seu labor pioneiro no estudo das enfermidades metabólicas infantís e na detección precoz, para as que hoxe Galicia conta co cribado neonatal máis completo de España

06/11/2026 | 21:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o papel de AXOBER como motor de dinamización económica e empresarial de Bergantiños e reafirma o compromiso da Xunta con Carballo

A delegada da Xunta acompañou aos empresarios na súa cea anual de confraternidade, na que puxo en valor máis de tres décadas de traballo da asociación e o seu compromiso co emprendemento, a formación e a creación de oportunidades na comarca.

06/11/2026 | 20:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia acollerá no 2027 o IX Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación

Trátase dun espazo de encontro e de conexión entre España, Portugal e América Latina en materia de Compra Pública de Innovación, instrumento de contratación que fomenta a innovación desde a demanda e mellora os servizos públicos

06/11/2026 | 19:13 | C. do Mar

Mar analiza en Celeiro o papel das estratexias de desenvolvemento local participativo no futuro das comunidades costeiras

Ángeles V. Suárez participou nas XXX Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro cunha intervención centrada no impulso das vilas mariñeiras dende a base social

06/11/2026 | 18:32 | Axencia de Turismo de Galicia

O Comisario do Xacobeo 2027 reforza en Pamplona a alianza entre Galicia e Navarra de cara a 2027

Marcos Gómez Román participou nun encontro organizado pola Asociación Galaico-Navarra (AGANA)

06/11/2026 | 18:24 | C. do Mar

A Xunta lamenta a falta de solucións para a frota galega que faena en Mauritania ante o vencemento inminente do protocolo pesqueiro co país africano

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reclama á Comisión Europea un último esforzo para evitar que os barcos galegos que operan neste caladoiro queden sen alternativas a partir do 14 de novembro

06/11/2026 | 17:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A nova concesión de autobús na comarca do Barbanza entrará en servizo o próximo 14 de novembro

A reestruturación do transporte interurbano na bisbarra inclúe conexións directas con Santiago de Compostela e modificacións destinadas a facilitar a accesibilidade aos hospitais de Barbanza e Santiago e aos institutos de Ribeira e Padrón

06/11/2026 | 15:47 | C. do Mar

Villaverde destaca a diferenciación e a internacionalización como claves para reforzar a competitividade da cadea mar-industria galega

A conselleira do Mar sinala que as exportacións do sector acadaron un novo récord de case 2.900 millóns de euros no último exercicio, con presenza en máis de 140 países

06/11/2026 | 15:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado da Xunta en Pontevedra visita o resultado dos traballos de mellora da iluminación en Antas

A intervención permitirá avanzar cara a un alumeado máis eficiente e mellorar os servizos públicos da parroquia