Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor o traballo de Augas de Galicia para garantir a conservación dos ríos e anticiparse aos efectos do cambio climático
Nicolás Vázquez Iglesias sinala que se trata dun labor continuo, que se desenvolve ao longo de todo o ano, cun triplo obxectivo: reducir os riscos, favorecer a conectividade fluvial e conservar os nosos ecosistemas
A Xunta anima a participar no ensaio clínico Combogal, que xa vacinou máis de 9.600 maiores fronte á gripe e a covid
O ensaio de vacina combinada fronte á gripe e a covid, que comezou o sábado 17 de outubro, abriuse esta semana á participación en 21 centros de saúde e desenvólvese tamén nos 14 hospitais públicos
A Xunta reivindica o labor de Cela na proxección e dignificación da literatura galega cunha mostra do 70 aniversario da revista ‘Papeles de Son Armadans’
López Campos considera “de xustiza” esta iniciativa que reflicte a “relevante contribución” do Nobel por darlle “espazo e voz” aos escritores galegos no exilio
Villaverde rexeita o recorte do 20 % na pescada proposto por Bruxelas e reclama que se teña en conta a dimensión socioeconómica da frota galega
A conselleira do Mar considera “inasumible” a proposta da Comisión Europea e advirte de que o recorte do 35 % no ollomol tampouco se compensa coas melloras en rape e xurelo
A Xunta apoia a recuperación da área recreativa do río Liñares para ampliar a oferta turística da Estrada
As actuacións permitirán mellorar os accesos e a mobilidade, crear un paseo fluvial, renovar os servizos, habilitar un espazo para actividades sociais e culturais e recuperar a edificación existente para destinala a uso público
A Xunta licita as obras de 92 vivendas de promoción pública no concello de Narón, que supoñen un investimento total de máis de 17 M€
A promoción, distribuída en 2 bloques, construirase con técnicas industrializadas e a maioría dos novos fogares serán de 2 e 3 dormitorios
Máis de medio millar de nenos e nenas participan en Monfero nunha proba local do Circuito de Cros Escolar no marco do programa Xogade
A delegada de Ferrol, Martina Aneiros, participou na entrega de premios da proba que se desenvolveu no entorno do mosteiro de Santa María de Monfero