Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.709 novas da área temática Educación:

20/11/2025 | 20:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra os 50 anos do Instituto Universidade Laboral de Ourense como referente na Formación Profesional

A directora xeral de FP e o delegado territorial da Xunta en Ourense clausuran o programa conmemorativo polo medio século de historia do centro

20/11/2025 | 18:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá 1,1 M€ para renovar por completo as instalacións do Colexio O Seixo, en Marín

O conselleiro de Educación visita o centro para presentar o proxecto de rehabilitación integral, que se licita este mesmo ano para executalo en 2026

20/11/2025 | 17:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez avanza que a Xunta estudará a posibilidade de incrementar a oferta de FP en Mos nos vindeiros cursos

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP visita o instituto da localidade, que na actualidade imparte o ciclo básico en Servizos comerciais

20/11/2025 | 16:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta executa novas obras de mellora no CEIP As Mercedes cun investimento de 90.500 euros

O delegado territorial, Javier Arias, explica que as actuación céntranse na ala esquerda e inclúen traballos de renovación da pintura, instalación de falsos teitos e cambio de iluminación en aulas, despachos e outras zonas

20/11/2025 | 16:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O investimento en I+D volve medrar en Galicia ata acadar a cifra record de 1.058 M€

Galicia sube case un 10% fronte ao 7% do conxunto do Estado, segundo o informe ‘Estatística sobre actividades de I+D do 2024’ do Instituto Nacional de Estatísticas

20/11/2025 | 11:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

O Consello de docencia clínica ratifica o acordo para a descentralización de Medicina en Galicia

Os conselleiros de Educación e de Sanidade celebran o consenso acadado arredor dun documento con visión de país que beneficia aos estudantes e aos hospitais

19/11/2025 | 19:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta felicita o Colexio de Panxón polo seu medio século formando a mocidade de Nigrán

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participa no 50 aniversario do centro, organizado como Colexio Arquitecto Palacios e CEE de Panxón

19/11/2025 | 15:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
19/11/2025 | 13:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra que a CRUE elixa Vigo para celebrar o maior foro de referencia de España de I+D+i

O secretario xeral de Universidades participa na inauguración destas xornadas, organizadas na Universidade de Vigo, e que contan co apoio do Goberno galego

19/11/2025 | 12:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sinala a descentralización do grao en Medicina como un acordo co que gaña Galicia

O conselleiro de Educación explica no Parlamento que se ofrecerá unha formación de altísima calidade aos futuros médicos en Santiago, Vigo e A Coruña