Actualidade
Buscador de novas
A Xunta renova a iluminación exterior do IES Otero Pedrayo de Ourense
O delegado territorial subliñou que a esta actuación, baseada na eficiencia enerxética e lumínica deste inmoble, a Conselleria de Economía e Industria vai destinar máis de 410.000 euros
A Rede CIGUS logra un novo fito para a I+G+i ao captar un proxecto de 11 M€ que permitirá contratar a 40 investigadores posdoutorais
A Xunta logra por primeira vez fondos europeos do programa Marie Sklodowska-Curie COFUND, que complementará con outros 5,4M€ autonómicos
A Xunta ampliará en case 500 m² a capacidade do Instituto Lamas de Abade, cun investimento de 1,2 M€
Román Rodríguez visita o centro compostelán para presentar estas obras que permitirán crear oito novas aulas para atender o crecemento da matrícula na zona
A Xunta organiza unha xornada de formación para familias sobre benestar emocional na adolescencia
A sesión, da man de tres expertos na materia, terá lugar o sábado 29 de novembro, no Politécnico de Santiago, con inscrición xa aberta de balde no Portal Educativo
A Xunta investirá 520.000 euros na rehabilitación integral do CEIP Carballal-Cabral
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou o centro escolar no que se realizarán obras de cambio de cuberta, ventás e illamento térmico en 2026
A Xunta reforza a investigación biomédica en Galicia a través da súa participación no Plan complementario de Biotecnoloxía Aplicada á Saúde
A directora da Axencia Galega de Innovación participa na presentación dos resultados da iniciativa de biotecnoloxía, unha área de alto impacto na Comunidade
Román Rodríguez destaca a excelencia da universidade galega nos Premios Fin de Carreira 2023/24
Un cento de estudantes son recoñecidos polo seu rendemento, 50 da Universidade de Santiago de Compostela, por 30 da de Vigo e 21 da Universidade da Coruña
Galicia logra o seu sexto centro de excelencia de FP e sitúase como unha das comunidades líderes
Este ano incorpóranse á rede o Centro Integrado de FP Universidade Laboral, de Culleredo, como referente no eido marítimo-pesqueiro
Xunta, patronal e catro dos seis sindicatos da Comisión tripartita do ensino concertado acadan un acordo para a xubilación anticipada destes docentes
A partir deste ano, os profesores ao que lle resten dous anos para xubilarse poderán acollerse á nova regulación de xubilación parcial estatal
Máis de 1.000 coordinadores de benestar afondan na mellora da convivencia e a inclusión educativa no III Congreso sobre este eido impulsado pola Xunta
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa lembra que a figura do coordinador de benestar está implantada en todos os centros educativos galegos