Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 721 novas da área temática Exterior:

23/09/2023 | 11:06 | C. de Economía e Industria

Lorenzana traslada ao embaixador de España en México o compromiso da Xunta coa internacionalización da economía galega

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, pecha a súa axenda de viaxe en México cunha reunión co embaixador de España no país, Juan Duarte e unha visita á empresa Antea Group

14/09/2023 | 15:23 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda reúnese co embaixador de Italia para España e Andorra para afianzar as relacións turísticas con Galicia propiciadas polo Camiño de Santiago

As exportacións galegas a este país medraron un 32 % no último quinquenio ata alcanzar a cifra récord de 2807 M€

25/08/2023 | 16:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; Secretaría Xeral de Emigración
24/08/2023 | 14:13 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda destaca en Marín que o retorno a Galicia dinamiza os diferentes sectores económicos galegos como o da cultura e do audiovisual

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, asistiron a inauguración do John Balan Fest, que se celebra dende hoxe e ata o próximo sábado na localidade pontevedresa e que ten como principal obxectivo conectar a creadores locais con comunidades audiovisuais internacionais

06/08/2023 | 11:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta forma seis persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

As bolsas convocadas o pasado xuño teñen xa destinatarios, que recibirán a formación na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE en Santiago de Compostela ou en unidades da AECID en países prioritarios da cooperación galega como Guatemala, Bolivia, República Dominicana e Mozambique

05/08/2023 | 12:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 400.000 euros a reforzar a actividade investigadora de oito finalistas da convocatoria do Consello Europeo de Investigación (ERC)

Os apoios establécense mediante un convenio entre a Axencia Galega de Innovación, dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, así como as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, e máis a Misión Biolóxica de Galicia e o Instituto de Ciencias do Patrimonio (ambas do CSIC)

03/08/2023 | 19:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia participa na constitución do Foro de Países Celtas para reforzar a dimensión atlántica na construción europea

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea representou á Xunta na constitución deste foro en Rennes.

03/08/2023 | 17:08 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta renova a súa aposta pola promoción turística conxunta a través da marca España Verde

O director de Turismo de Galicia participou esta mañá na comisión de seguemento desta marca turística, que aglutina ás comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, ademáis de Turespaña.

31/07/2023 | 16:37 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral de Emigración

Fabiola García pecha a súa viaxe institucional selando un compromiso de colaboración co Hogar Español de Montevideo

Asinou un protocolo de colaboración con esta entidade por valor de 20.000 euros para seguir mellorando os coidados neste centro de atención aos galegos emigrantes máis maiores