Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.836 novas da área temática Infraestruturas:

31/07/2025 | 13:48 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 30.000€ nas obras de mellora do acceso aos Calvarios de Santa Baia, en Cartelle

O delegado territorial destacou que esta orde procura a posta en valor turístico dos recursos dos municipios beneficiarios a través da súa rehabilitación ou restauración para dedicalos a usos turísticos, así como coa recuperación de elementos etnográficos ou da arquitectura tradicional

31/07/2025 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
31/07/2025 | 13:15 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Patrimonio Cultural autoriza o proxecto básico do concello de Vigo para o túnel de Elduayen

A Dirección Xeral comunica á administración local o informe favorable ao paso subterráneo que unirá a Porta do Sol e o Barrio do Cura

31/07/2025 | 12:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza no estudo para a mellora da AC-544 en Ames, co fin de reforzar a seguridade viaria nesta estrada ao seu paso polo municipio

Trátase de definir actuacións de mellora no treito da AC-544 que parte do enlace coa AG-56, no punto quilométrico 1+130, e o 7+300

30/07/2025 | 16:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora con 1,1 M€ na transformación da avenida de Mendiño no concello de Redondela

A Xunta asume máis do 70% do orzamento desta intervención e tramitará o cambio de titularidade ao Concello dos 1,09 km deste viario PO-363, antes da adxudicación das obras

30/07/2025 | 13:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa un total de 60 obras por máis de 5 M€ en centros educativos da provincia de Ourense

Avánzase na execución de oito grandes intervencións que inclúen ampliacións e reformas estruturais en colexios e institutos

29/07/2025 | 17:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colaborará co Concello do Vicedo na mellora das rúas Francisco Vilasuso e a Travesía da Mariña

As actuacións consistirán na mellora da accesibilidade e equipamentos destas rúas do municipio e suporán un investimento global duns 50.000 euros

29/07/2025 | 12:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 11,2 M€ as obras para a conversión en autovía de 4,9km da vía de altas prestacións Brión-Noia

O desdobramento da VAP impúlsase trala aprobación en febreiro do proxecto de trazado da autovía entre Brión e Martelo

28/07/2025 | 17:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta coopera co concello de Rubiá no acondicionamento da rúa Terra do Souto e da súa contorna, que suporá un investimento de 280.500 €

Estes proxectos desenvólvense ao abeiro do Plan Hurbe, un programa de apoio aos concellos para promover actuacións que contribúan a dinamizar as vilas galegas e a mellorar a calidade de vida da súa veciñanza