Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.204 novas da área temática Sanidade:

30/10/2025 | 18:13 | C. de Sanidade

O seguimento da folga na quenda de tarde de técnicos superiores sanitarios acada o 91,67 % na sanidade pública galega

Na quenda de tarde o seguimento da folga nas sete áreas sanitarias foi do 92,78 %

30/10/2025 | 17:53 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca a colaboración institucional e o traballo do tecido asociativo na sensibilización e prevención da enfermidade crónica renal

Incide na aposta da Xunta por un enfoque multidisciplinar que integra os ámbitos da atención sanitaria e social para dar a mellor resposta aos pacientes con enfermidade renal crónica

30/10/2025 | 17:10 | C. de Sanidade

A Xunta solicítalle ao concello de Moaña que desbloquee o remate das obras do novo centro de saúde e execute canto antes a acometida de augas

A Consellería de Sanidade advirte de que as actuacións de responsabilidade municipal condicionan a data de finalización e posta en servizo do novo centro de saúde

30/10/2025 | 16:53 | C. de Sanidade

A Xunta inicia o programa de asistencia oncolóxica que evitará que pacientes con cancro do distrito sanitario de Cee se teñan que desprazar á Coruña

O programa permitirá realizar seguimento a pacientes que non teñen tratamento activo, a administración de terapias de baixa complexidade, implementar controis de toxicidade e levar a cabo consultas de enfermería oncolóxica

30/10/2025 | 15:32 | C. de Sanidade

A campaña de vacinación fronte á gripe da Xunta supera xa as 243.000 persoas inmunizadas

A campaña de vacinación, activa desde o 29 de setembro e ata o 31 de decembro, facilita a vacinación en todos os centros de saúde e consultorios

30/10/2025 | 15:14 | C. de Sanidade

O seguimento da folga de técnicos superiores sanitarios acada o 58,27 % na sanidade pública galega

Na quenda de mañá, o seguimento da folga nas sete áreas sanitarias foi do 58,48 %

30/10/2025 | 12:53 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica a relación de aspirantes seleccionados nos procesos selectivos por concurso de méritos e concurso-oposición en diversas categorías de persoal estatutario

No concurso-oposición ofértanse un total 147 prazas en diversas categorías de persoal estatutario, que se corresponde co número de novos aspirantes seleccionados

29/10/2025 | 17:47 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde destaca a importancia dos estilos de vida saudables como medida de prevención das enfermidades cerebrovasculares

O xerente do Sergas, José Ramón Parada, apunta que se traballa en tres piares fundamentais para abordar os ictus: a detección precoz e a actuación coordinada, a mellora continua dos procesos asistenciais e a humanización da atención

29/10/2025 | 14:57 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño remarca a aposta da Xunta pola investigación sanitaria con 80 M€ previstos nas contas de 2026

O orzamento para investigación do Servizo Galego de Saúde e a Axencia de Coñecemento en Saúde para o próximo ano ascende a 31 M€, incrementándose nun 33,5 %

29/10/2025 | 11:02 | C. de Sanidade

A campaña “Este curso, non perdas este bus” achega a doazón de sangue ata o campus de Esteiro en Ferrol

A ADOS achegará hoxe, mércores 29 de outubro, esta iniciativa solidaria co obxectivo de acadar 4.500 doazóns na campaña de doazón nas Universidades galegas durante o presente curso académico