Actualidade
Buscador de novas
A Xunta está a mellorar a seguridade e a accesibilidade de 51 paradas de autobús ubicadas en 15 estradas autonómicas de 10 concellos de Lugo
Menéndez concretou que se está a intervir en 30 paradas en Lugo, 5 en Xove, 4 en Castro de Rei, 2 en Riotorto, Outeiro de Rei, O Vicedo, Cospeito e Begonte, e 1 en Abadín e Meira
Galicia reclama no comité das rexións máis apoio e flexibilidade para garantir unha transición xusta en todos os territorios
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou no pleno nº162 do Comité Europeo das Rexións (CdR), no que se aprobou un ditame para asegurar que ningunha rexión se quede atrás no camiño cara a unha economía sostible
A Xunta exixe ao Goberno central o mesmo trato que outras comunidades e que concrete xa os medios que prevé traspasar a Galicia para xestionar a súa costa
Ángeles Vázquez lamenta que o borrador de acordo remitido polo Executivo central non concreta nin os medios nin o persoal que transferiría e ten grandes diferenzas en relación con outras autonomías como Cataluña, Canarias ou Andalucía
A Xunta avanza na súa colaboración co concello de Boborás para impulsar a xeración de emprego e emprendemento co gallo de fixar poboación no rural
No encontro tratáronse cuestións como os obradoiros de emprego e as posibilidades que ofrece o municipio ourensán para as persoas emprendedoras
Ourense será a primeira provincia galega en contar cunha cartografía actualizada e máis detallada para facilitar a xestión do territorio a nivel local
O Goberno galego destinará 1,2 M€ a cartografar máis de 617.000 hectáreas co obxectivo de poñer á disposición das entidades locais, das empresas e dos particulares, información máis precisa sobre o territorio
A Xunta remata a mellora do firme de 28 quilómetros da vía LU-530 entre Castroverde, Baleira e A Fonsagrada, á que destinou 1,2 M€
O delegado territorial, Javier Arias, explica que a actuación executouse en dous treitos da estrada, o que une as travesías de Castroverde e O Cádavo e o que transcorre entre A Lastra e A Fonsagrada
A Xunta licita por 81.229€ as obras da conexión do paseo fluvial co centro urbano na Serra de Outes
Os traballos enmárcanse no Plan Hurbe da Xunta e teñen como obxectivo reformar o ámbito entre a avenida San Campio e o paseo fluvial do río Tines na Serra de Outes, no concello de Outes
Rueda pon a Lei do litoral como exemplo da aposta de Galicia polas políticas de aproveitamento sostible dos recursos naturais
Indica que o ministro de Política Territorial confirmou o “envío próximo” dun primeiro borrador para iniciar a negociación coa Xunta e convocar despois a Comisión Mixta de Transferencias
A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia o acordo da aprobación definitiva do proxecto para a construción dunha senda na estrada autonómica PO-407 en Porriño
O DOG tamén recolle hoxe a aprobación das expropiacións para executar un itinerario de case 1 km pola marxe dereita da vía, para dispor dun novo espazo para tránsito peonil independente da calzada nunha zona de vivendas e acceso ao colexio Cruz de Budiño