Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 990 novas da área temática Vivenda:

25/11/2024 | 15:33 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta autoriza a licitación por 2,6 M€ dos Proxectos de Interese Autonómico para desenvolver solo no que construír as primeiras 15.000 vivendas

Rueda salienta que a contratación enmárcase na primeira fase de execución da Estratexia Galega de Solo Residencial, que prevé desenvolver solo “que permita a construción de 20.000 vivendas protexidas e 5.000 libres”

23/11/2024 | 12:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Colectivos veciñais de todo o Estado debaten na sede da Xunta en Lugo sobre vivenda e transportes

O delegado territorial, Javier Arias, explicou algunhas das medidas do Goberno galego e gabou “as interesantes achegas” do movemento veciñal nestas materias

22/11/2024 | 13:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
21/11/2024 | 14:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Martínez Allegue reivindica ante o sector, en Madrid, as medidas da Xunta para incrementar a oferta de vivenda pública e avanzar nos principais eixos da vertebración territorial en Galicia

Destaca a necesidade da colaboración público-privada para abordar os compromisos co acceso da cidadanía á vivenda e o desenvolvemento das infraestruturas viarias

20/11/2024 | 20:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta explica os seus proxectos de vivenda pública e solo residencial na Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña

O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo participou na xornada organizada polo centro coa charla “Políticas públicas en materia de vivenda e novas medidas lexislativas na Comunidade Autónoma de Galicia”

20/11/2024 | 17:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

M. Allegue: “As medidas que está a impulsar a Xunta permitirán incrementar e mellorar o acceso á vivenda de alugueiro”

A conselleira lembrou que a Xunta vén de crear a nova Sociedade Pública de Vivenda de Galicia, a través da que se promoverá unha parte das novas vivendas protexidas que se incorporará ao mercado 

19/11/2024 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Nace a Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, que celebra o seu primeiro consello de administración

A sociedade ven de inscribirse no rexistro mercantil, de tal xeito que queda constituída formalmente, con estatutos e cun organigrama encabezado pola conselleira de Vivenda e Planificación de infraestruturas  

18/11/2024 | 17:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

M. Allegue inaugura o foro que abordará as claves da Axenda Territorial de Galicia para as vindeiras décadas

As xornadas desenvolveranse os vindeiros días na sede da Fundación RIA e contarán coas achegas de expertos do urbanismo, da mobilidade ou da vivenda