Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 691 novas da área temática i+D+i:

13/03/2023 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Gabriel Alén chama ás microempresas e pemes da provincia de Ourense a participar dos Bonos de Innovación da Xunta

O delegado territorial destacou a nova convocatoria dos Bonos de Innovación que contan nesta edición cun orzamento de 750.000 euros, cos que se prevé mobilizar máis dun millón, co obxectivo de impulsar os primeiros pasos para innovar nas microempresas e pemes

13/03/2023 | 11:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta organiza novas actividades de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas para estudantes de secundaria na área de Ferrolterra

Aos espectáculos, talleres e cine do programa D´tec da Axencia Galega de Innovación súmanse agora os campamentos científicos
 

10/03/2023 | 14:35 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon en marcha a iniciativa “Ciberseguridade Galicia” para identificar accións, novas e contidos sobre seguridade da información

O portal ciberseguridadegalicia.gal concentra toda a información sobre riscos, boas prácticas e medidas para reaccionar ante ataques informáticos evitalos

10/03/2023 | 13:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora con Benteler para facer das súas dúas plantas en Galicia un modelo de fábrica intelixente para todo o grupo

A empresa, beneficiaria do programa Fábrica Intelixente, desenvolveu un proxecto que permite a interoperabilidade entre as diferentes plantas cun sistema totalmente integrado e monitorizado de produción

08/03/2023 | 15:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta convida ás empresas do sector primario a seguir apostando pola innovación para incrementar a súa competitividade

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e representantes das consellerías do Mar e do Medio Rural participaron esta mañá nun encontro con axentes deste ámbito para informar sobre as liñas de apoio da Administración autonómica á I+D+i

07/03/2023 | 14:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O programa autonómico de impulso ao emprendemento feminino, Emega, permitiu nos últimos trece anos apoiar 1.480 proxectos e a creación de 2.084 empregos

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Santiago de Compostela a iniciativa Creativas Galegas, un colectivo formado por mulleres artesás e do eido cultural beneficiarias das axudas da Xunta

07/03/2023 | 11:58 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde participa na Joint Action CIRCEpara a transferencia do seu modelo de telemedicina a outros paises membros da Unión Europea

A Unión Europea incluíu o modelo de telemonitorización do Sergas (Telea) como unha das seis boas prácticas de atención primaria a transferir ao resto dos países membros

06/03/2023 | 13:48 | C. de Economía e Industria

O Polo Aeroespacial de Galicia incorpora unha infraestrutura única en España para a experimentación con aeronaves non tripuladas

Os dous novos simuladores instalados no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) van permitir dar resposta a moitos dos retos que hoxe en día ten a regulación de voos con aeronaves non tripuladas
 

03/03/2023 | 15:55 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda pon en valor o investimento das empresas que apostan por Galicia para mellorar a súa competitividade e adiantarse aos retos da transición enerxética

Salienta que Galicia gaña cunha nova infraestrutura fundamental para o desenvolvemento da Coruña e da súa comarca

03/03/2023 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza na adaptación dos rexistros civís da Coruña e Vigo á plataforma para tramitar os expedientes por vía electrónica

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou hoxe na conferencia sectorial entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades, na que tamén se abordaron outros asuntos como a distribución dos fondos europeos en materia de xustiza nos próximos anos ou a aposta polo deseño de sedes xudiciais sustentables