Actualidade
Buscador de novas
A Xunta defende a cohesión territorial de cara a próxima revisión do orzamento comunitario no pleno do comité das rexións
O Goberno galego fixo aportacións á elaboración de dous ditames sobre a revisión do actual marco financeiro plurianual da UE e sobre a necesidade dun marco lexislativo adecuado que garanta a sustentabilidade do sistema alimentario
A Xunta defende na asemblea de rexións do Arco Atlántico o corredor ferroviario e a creación dunha macrorrexión atlántica
A Asemblea xeral da Comisión do Arco Atlántico abordou os principais ámbitos de cooperación entre as rexións atlánticas europeas como o transporte, a transición verde e os asuntos marítimos
Miranda saúda aos case 100 emprendedores retornados que iniciaron o programa Merlo de mentorización da man da Fundación Ronsel
O secretario xeral da Emigración participou nas xornadas en liña que desenvolveu a entidade e que teñen como obxectivo aportar as ferramentas necesarias para que estes empresarios retornados poñan en marcha iniciativas con proxección de futuro
Máis de 600 galegos universitarios do exterior interesáronse por conseguir unha bolsa BEME para estudar un mestrado en Galicia o próximo curso
A Secretaría Xeral da Emigración recibiu solicitudes para estas axudas formativas dende 35 países de tódolos continentes
Emigración inaugura en Lisboa o novo ciclo Mestre Mateo que achega o cine feito en Galicia aos centros galegos do exterior da man da Academia Galega do Audiovisual
Oito centros galegos de América, Europa e resto de España poderán visualizar dende maio a novembro os mellores documentais e películas dos premios do cine galego do mesmo nome
Emigración e Fundación Ronsel colaborarán na formación para acadar a empregabilidade de máis de 300 galegos retornados, tanto por conta allea como no autoemprego
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, firmou hoxe, co re-presentante da Fundación, Luis García Deber, o convenio que permite a posta en marcha do programa de apoio para emprendedores retornados Merlo e para novos obradoiros, cursos e itinerarios individualizados de inserción laboral e coñecemen-to do mercado laboral galego
A Xunta debate no Comité Europeo das Rexións sobre o impacto da desinformación na democracia
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na reunión xunto a institucións rexionais e locais, expertos, diplomáticos e alto funcionariado da OTAN e dos Estados Unidos