Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 935 novas da área temática Industria:

18/05/2024 | 13:20 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pon en valor a implicación do tecido empresarial no fomento de proxectos de aforro e eficiencia enerxética

A conselleira de Economía e Industria visitou esta mañá o aloxamento La Curia, beneficiario do programa de renovables térmicas para diferentes sectores da economía galega, onde lembrou que o prazo para solicitar este apoio permanece aberto ata o vindeiro 31 de xullo

15/05/2024 | 21:29 | C. de Economía e Industria

Lorenzana aborda con Ceaga os pormenores da liña de axudas extraordinaria que a Xunta vai aprobar para a industria auxiliar da automoción

Trátase dunha das reunións técnicas que, desde a Consellería de Economía e Industria, se están mantendo cos axentes da industria da automoción para completar os traballos do plan director do sector comprometido para os primeiros cen días de goberno, xunto co da industria naval

13/05/2024 | 16:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta determina a creación dunha nova ITV no concello da Coruña

A Consellería de Economía e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se establecerá unha nova estación fixa de inspección técnica de vehículos no municipio

08/05/2024 | 15:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta amosa a súa decepción por que o Goberno só outorgue a metade dos fondos solicitados por Stellantis Vigo no Perte VEC II

Apunta que Stellantis solicitara neste perte 40M€ e só se lle asignaron por parte do Ministerio de Industria e Turismo 20M€ en axudas directas

06/05/2024 | 14:43 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

A Xunta destina 7 M€ a impulsar proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética no sector industrial da provincia da Coruña

Rueda resalta que se financian co Fondo de Transición Xusta, destinado ás zonas máis afectadas pola descarbonización como é o caso da provincia coruñesa tras o peche das centrais térmicas das Pontes e Meirama

30/04/2024 | 11:59 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o papel da nova Oficina de Coordinación Económica para a posta en marcha de proxectos estratéxicos en Galicia

Resalta a “experiencia” no eido económico de Reboredo para poñerse ao fronte dun organismo que “avaliará” iniciativas industriais, pero tamén fará “propostas para orientar accións de Goberno”

25/04/2024 | 14:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta en Ceuta a importancia da innovación e as novas tecnoloxías para seguir colaborando na mellora do tecido produtivo

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa nun encontro organizado polo Foro ADR na procura de que as axencias de desenvolvemento rexional optimicen os servizos e apoios que prestan a empresas e emprendedores para impulsar a súa competitividade

24/04/2024 | 16:22 | A Presidencia da Xunta

Rueda compromete o apoio do Goberno galego ao sector da automoción para seguir aumentando a súa competitividade e a creación de emprego

Evidencia a necesidade de que desde o Goberno nacional cheguen os fondos PERTE para poder levar a cabo todas as axudas prometidas

23/04/2024 | 13:50 | C. de Economía e Industria

Lorenzana traslada aos traballadores de Madera Fiber o labor que está realizando a Xunta para buscarlle viabilidade á compañía

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, acompañada pola directora do Igape, Covadonga Toca, mantivo hoxe unha reunión no Porriño con representantes do comité de empresa, o alcalde deste municipio pontevedrés e a administración concursal