Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adapta desde o 11 de abril os itinerarios das liñas de autobús afectadas polas obras na avenida das Pías de Ferrol mentres duren os traballos na estrada estatal
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade consensuou as solucións propostas co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, co Concello de Ferrol, coa asociación de veciños de Caranza e coas concesionarias do transporte público
A Xunta licita por case 1,4 M€ as actuacións de mellora de 55 paradas de autobús en estradas autonómicas de acceso á Coruña
Intervirase nas paradas correspondentes á zona oeste de acceso á cidade situadas en 6 estradas autonómicas ao paso por 7 concellos das comarcas da Coruña e de Bergantiños
A Xunta habilita desde o día 3 de abril unha nova liña de autobús para mellorar as conexións entre O Morrazo e os hospitais de Vigo
O novo servizo, demandado polo persoal dos hospitais, prevé dúas expedicións nos horarios de maior demanda, de luns a venres: unha de ida, desde a estación de autobuses de Cangas ás 6,40 horas e outra de volta desde o Álvaro Cunqueiro ás 15,15
Xunta e Dirección Xeral de Tráfico colaborarán para a mellora da seguridade viaria e laboral de Galicia
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou un protocolo co organismo adscrito ao Ministerio do Interior para levar a cabo actuacións de información e sensibilización, entre outros
A Xunta considera necesario que administracións e particulares avancen cara a unha mobilidade eficiente
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, interveu esta mañá en Arteixo no Salón da Mobilidade Sustentable ‘Sabón + Eco’
Ethel Vázquez lamenta que o Goberno de España se desentenda dos trens Avril e ínstao a trasladar información certeira sobre cando e cantos prestarán servizo en Galicia
Vázquez Mourelle critica que o Goberno incumprira todas as datas anunciadas para o funcionamento destes trens, a última para o pasado verán, impedindo sacar rendemento á campaña turística que supuxo a excepcional ampliación do Ano Xacobeo
Ethel Vázquez anuncia unha nova liña de autobús a primeira hora da mañá entre O Morrazo e os hospitais de Vigo, con volta ao comezo da tarde
Concreta que ás 06,40 horas haberá unha expedición con percorrido Cangas-Moaña-rúa Pizarro e outra Cangas-Moaña-Meixoeiro-Álvaro Cunqueiro, con regreso ás 15,15 h
A xunta licita por 637.000 € a execución dun aparcadoiro disuasorio para o fomento do vehículo compartido no enlace da PO-340 coa autoestrada do Val Miñor, en Nigrán
Disporase dunha superficie total de 3.500 m² para habilitar 72 prazas de estacionamento, facilitando a redución da presenza dos coches no centro da vila pontevedresa, na zona próxima ao quilómetro 8+800
Ethel Vázquez salienta que a Xunta destina un investimento anual de 50 M€ a manter e mellorar a seguridade nas estradas, convertendo a rede autonómica nun referente en conservación viaria
Vázquez Mourelle destaca a eliminación de tramos de concentración de accidentes nas vías autonómicas, cun investimento de máis de 15M€ que xa permitiu reducir en case un 60% a sinistralidade neses “puntos negros”
A Xunta inviste preto de 45.000 euros no acondicionamento da estación de autobuses de Ferrol
Os traballos prevén a mellora da iluminación exterior, coa instalación de seis crucetas de 12 focos e a reposición do alumeado interior, ademais de melloras no aparcadoiro, nas dársenas e nos aseos deste edificio