Actualidade
Buscador de novas
O Centro Superior de Hostalería de Galicia celebra xornadas de portas abertas tódolos sábados de xuño para incentivar a elección de futuros estudantes
Os interesados e as súas familias poden reservar a súa visita ás instalacións a través da web da CSHG
Arrinca este sábado unha nova tempada dos trens turísticos coas rutas de Ribeira Sacra-Sil e dos Faros
A campaña conta con 2.530 prazas para poder gozar destas rutas que percorren concellos, paisaxes, patrimonio e natureza
A Xunta convida a aproveitar as múltiples posibilidades de negocio e de lecer que ofrece a Feira Internacional Abanca Semana Verde
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participaron na inauguración do evento, que segue medrando tanto en expositores como en actividades
O festival Meirasland incorpora este ano a música electrónica á oferta dos Concertos do Xacobeo
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na Casa da Cultura de Valdoviño na presentación da segunda edición desta cita musical
O mes do Camiño no Brasil concentra este xuño unha intensa actividade con exposicións, conferencias e cinema sobre a peregrinación a Compostela
Xosé Merelles viaxa a Porto Alegre para participar en varias actividades conmemorativas e intensificar as relacións coas entidades xacobeas do país
O Noia Harp Fest enriquece a proposta dos concertos do Xacobeo co único evento do noroeste pensinsular dedicado á arpa
O director de Turismo de Galicia presentou esta mañá esta cita musical que terá lugar na vila de Noia do 30 de xullo ao 2 de agosto
A Xunta respalda a cuarta edición do Festival Peirao Rock que avanza na súa profesionalización
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, presentou esta mañá o evento que terá lugar os días 22 e 23 de agosto en Mugardos e contará con nove bandas no cartel
O Plan de Inspección Turística da Xunta vén optimizándose nos últimos anos tamén con ferramentas para loitar contra o fraude na internet
Aprobado no Consello de Turismo o pasado 8 de abril sumará seis novos inspectores
A Xunta amosa a súa total colaboración ao concello de Ourense para regularizar as Termas do Muíño
Os representantes do Goberno galego manifestaron que para a Xunta o termalismo é un elemento esencial no desenvolvemento de Ourense, e que debería ser unha aposta de todas as forzas políticas para ser motor e o espello da cidade e da provincia