Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 990 novas da área temática Vivenda:

08/11/2024 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
07/11/2024 | 18:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os orzamentos da Xunta para 2025 destinan un investimento de 241 M€ ás políticas de vivenda e urbanismo, case un 32% máis que o ano pasado

Heriberto García subliñou que en 2025 se dirixen 101M€ á construción de vivenda de promoción pública e máis de 20M€ ao desenvolvemento de solo residencial.

07/11/2024 | 17:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira M. Allegue destaca o papel da planificación das cidades para acadar espazos habitables, eficientes e sostibles

A responsable de Vivenda remarcou no acto, no que participou tamén o decano do COAG Luciano Alfaya, que para acadar contornas habitables é fundamental unha folla de ruta para a transformación dos espazos, con atención á poboación, a mobilidade, ou a paisaxe

07/11/2024 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

María M. Allegue destaca a aposta da Xunta polo uso das técnicas industrializadas na construción de vivenda pública sostible e de calidade

A conselleira incide no traballo que está a desenvolver o Goberno galego no reto desta lexislatura para duplicar o parque de vivenda pública ata as 4.000, e o desenvolvemento de solo para 25.000 máis, das cales 20.000 serán protexidas

07/11/2024 | 13:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará as obras de mellora da vivenda comunitaria de Castrelo de Miño

Achéganse 30.000 euros para a renovación deste equipamento de titularidade municipal e mellorar os accesos

06/11/2024 | 14:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concede unha axuda de case 3 M€ a unha cooperativa para a construción de 60 vivendas protexidas no Porriño

O proxecto de Residencial Aloques resultou beneficiario das axudas a promotores convocadas pola Xunta que ten un presuposto total de 11M€ para a construción de vivendas protexidas na parcela situada entre a Avenida de Galicia e a nova rúa Aloques

06/11/2024 | 13:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta
06/11/2024 | 13:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda anuncia que a Xunta subirá os limiares de renda o próximo ano para que máis xente poida acceder a vivenda de promoción pública

O presidente do Goberno galego sinala no Parlamento que se darán tamén máis facilidades á xente nova, á que se reservará o 25 % da vivenda pública en venda e o 40 % da destinada a aluguer

06/11/2024 | 12:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública a aprobación inicial do Plan Básico Municipal de Beariz para dotar o concello dun instrumento eficaz de ordenación do territorio

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio do inicio deste tramite durante dous meses, a contar desde hoxe

03/11/2024 | 11:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe cinco ofertas para as obras de rehabilitación da área recreativa da Peneda en Monterroso, financiadas ao abeiro do Plan Hurbe

A actuación proxectada neste espazo de lecer ao carón do río Ulla permitirá mellorar a envolvente térmica da cafetería e a accesibilidade ao recinto, facilitando así as condicións de confort dos usuarios, así como as condicións de funcionalidade e integración paisaxística da contorna