Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 37.063 novas da área temática Áreas temáticas:

09/07/2026 | 15:56 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde salienta as medidas de apoio ás urxencias hospitalarias de Ourense, co reforzo con profesionais doutras áreas e a aprobación da lei que declara os postos de difícil cobertura

A Consellería de Sanidade anunciou esta semana a convocatoria este mesmo ano dun concurso de méritos para dar cobertura estable ás prazas de urxencias hospitalarias en Ourense

09/07/2026 | 15:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria

A Xunta enxalza a contribución da emigración galega ao progreso socioeconómico de Galicia

José González salienta o apoio autonómico ao retorno coa Estratexia Galicia Retorna 2023-2026, que abarca máis de 100 medidas de axuda e acompañamento e dotada con 450 M€ para facilitar que milleiros de galegos poidan volver á comunidade

09/07/2026 | 15:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede máis de 5 M€ en axudas para apoiar os concellos na mellora da xestión dos residuos e avanzar cara a un modelo máis eficiente e equitativo

Ángeles Vázquez explica que o Goberno galego financiará 170 actuacións de 83 administracións locais para contribuír ao cumprimento da normativa neste eido

09/07/2026 | 15:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Xunqueira de Ambía colaboran nas obras de acondicionamento da canella Jorge Ferreiro e da praza da Eiriña, que suman un investimento total de máis de 270.000€

As actuacións que se acometerán buscan rexenerar e poñer en valor estes viarios, situados na contorna da Colexiata de Santa María a Real e no ámbito de protección do Camiño de Santiago

09/07/2026 | 15:43 | C. do Medio Rural

María José Gómez entrega os títulos dunha nova parcelaria no concello de Verín que permitiu cuadriplicar a dimensión das parcelas

A conselleira do Medio Rural entregou hoxe os títulos da zona de reestruturación de Mourazos-Tamagos-Tamaguelos, que contou cun investimento de case 3,27 millóns de euros para o seu desenvolvemento

09/07/2026 | 15:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa unha nova edición de Artesanía de Galicia no Courel entre o 5 e o 9 de agosto

O director xeral de Comercio e Consumo presentou esta mañá a programación da sexta edición desta iniciativa de divulgación dos oficios artesanais e lembrou a nova liña de axudas para contratos formativos de aprendices en oficios tradicionais

09/07/2026 | 15:24 | C. do Mar

Mar pon en valor a capacidade operativa de Gardacostas de Galicia, referente na protección e a seguridade marítima e a loita contra o furtivismo

Os seus efectivos realizaron o pasado ano 9.760 inspeccións, atenderon 140 emerxencias, retiraron máis de 36.000 artes de pesca ilegais e comisaron máis 28.000 kg de peixe e marisco

09/07/2026 | 15:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis dun cento de rapaces participan no XI Campus de Baloncesto Álex Llorca, que se desenvolve esta semana en Lugo co apoio da Xunta

A Delegación Territorial acolleu hoxe unha recepción aos 111 inscritos, que proceden de distintos puntos de Galicia e de Cantabria, Madrid e Castela e León

09/07/2026 | 15:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que Galicia mantense entre as comunidades autónomas con mellores ratios de acollemento familiar de España

É a segunda rexión onde máis nenos e adolescentes en situación de desamparo poden vivir nun fogar cunha familia acolledora

09/07/2026 | 15:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue supervisa a proba de carga no viaduto da autovía AG-53 sobre o río Barbantiño con 24 camións con case 1.000 toneladas de peso

A Xunta reabrirá esta tarde ao tráfico o treito do viaduto tras finalizar esta proba de carga que se vén desenvolvendo desde o pasado luns