Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor a iniciativa ‘Escaparates máxicos’ de Lalín para impulsar as vendas do comercio local nas vésperas do Nadal
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, fixo hoxe un percorrido polos establecementos que adaptaron os seus escaparates a estas datas festivas, tras recibir formación orientada á sustentabilidade apoiada polo Goberno galego
A Xunta avanzará en 2025 na redución da carga burocrática para o colectivo autónomo co fin de consolidar o liderado autonómico neste sector
José González pon en valor a aposta estratéxica pola simplificación administrativa, unificando en 2025 nunha única orde todas as axudas específicas neste eido, dotadas con máis de 40 millóns de euros
A Xunta recibe máis de 600 solicitudes para participar esta fin de semana no mercado do Tinglado en Vigo
Preto de 90 particulares ocuparán os expositores habilitados para vender os seus produtos repartidos en dúas xornadas, o sábado 21 de decembro e o domingo 22
Dúas candidaturas galegas resultan finalistas nos Premios Nacionais de Artesanía 2024
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, acompañaron hoxe en Madrid ao torneiro Aitor Martínez (Tomiño) e ao ebanista Fran Millán, de Frouma Atlantic Wood (Ribeira)
A nova tempada de pesca continental comezará en Galicia o 16 de marzo e prolongarase ata o 31 de xullo
No caso do salmón, o período hábil para exercer a actividade irá do 1 de maio ao 31 de xullo, aínda que poderá acurtarse en función da cota de capturas
A Xunta pon en valor as Aldeas de Nadal e os escaparates máxicos de Lalín para impulsar as vendas no comercio local
José González pon a localidade pontevedresa como exemplo de dinamización do tecido comercial, sumando ás súas Aldeas de Nadal a iniciativa apoiada polo Goberno galego para incentivar o consumo a través dun escaparatismo artístico e sustentable
A Xunta pon en valor o Mercado de Nadal de Sobradelo para dinamizar as vendas do comercio local e o atractivo turístico do rural
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitaron esta iniciativa
A Xunta destaca o papel do Mercado da Estrela na dinamización comercial da Artesanía de Galicia de cara ao Nadal
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou hoxe a 13ª edición deste evento que se celebra ata mañá en diferentes localizacións do casco antigo de Santiago de Compostela e que xa é un referente nos eventos da campaña de Nadal