Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.348 novas da área temática Emprego:

06/05/2025 | 11:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia acada o mínimo histórico de desemprego e o mellor nivel de afiliacións nun mes de abril, con máis de 19.000 novos cotizantes respecto a hai un ano

A comunidade galega rexistra en abril 115.545 persoas desempregadas, baixando por primeira vez dos 117.000 inscritos nas listas do paro desde que hai rexistros e conta con 1.087.434 afiliacións á Seguridade Social

05/05/2025 | 15:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Belén do Campo reivindica a FP galega como un modelo de éxito que conta cunha inserción laboral que ronda o 85% e case o 100% na formación dual

A representante do Goberno autonómico destacou o éxito dun dos ciclos que se imparten neste centro como é o Grao Medio en Guía no Medio Natural e de Tempo Libre (TEGU) que ten unha duración de 2.000 horas lectivas con 14 módulos profesionais 

03/05/2025 | 11:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e o Clúster Turismo de Galicia avanzan na colaboración a prol de reforzar o emprego no sector e impulsar a captación de talento

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, reuníronse co presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo González Pardal, e outros membros do equipo directivo da entidade

01/05/2025 | 12:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en México as oportunidades que ofrece Galicia para as persoas emigrantes que desexen retornar e para o investimento

Na xuntanza cos representantes diplomáticos de España en México ambas partes analizaron posibles iniciativas conxuntas para fomentar o investimento e a colaboración máis estreita a prol da atención dos galegos en México

30/04/2025 | 18:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta a segunda edición da aceleradora de proxectos ‘Xerme ecommerce’ para potenciar o emprendemento no comercio electrónico

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, estiveron presentes no acto 

30/04/2025 | 13:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca na presentación do congreso ‘Fluor’ o papel fundamental do marketing e a comunicación dixital no impulso do emprendemento

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta mañá en Pontevedra na rolda de prensa de presentación do 7º congreso Marketing Fluor organizado polo Clúster da Comunicación de Galicia

30/04/2025 | 10:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en México o valor dos lazos entre Galicia e este país e o seu firme apoio á comunidade galega no exterior

José González, acompañado por Antonio Rodríguez Miranda, tamén visitou a Sociedade Española de Beneficencia en Puebla

29/04/2025 | 17:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración
29/04/2025 | 12:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta ten aberto ata o 30 de setembro o prazo para solicitar as axudas Galicia Emprega para a contratación de persoas de colectivos prioritarios

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá Ópticas Noroeste, unha das 12 empresas da zona que se beneficiaron o pasado ano desta convocatoria da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración