Actualidade
Buscador de novas
O Observatorio de Vivenda de Galicia analiza os programas de mobilización de inmobles para alugueiro da Xunta
O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo da Xunta, Heriberto García Porto, presidiu hoxe a reunión de traballo da sección de financiamento e intermediación, do Observatorio de Vivenda de Galicia que acordou analizar as propostas expostas para a mellora dos programas de mobilización de vivendas
Rueda anuncia que proximamente as persoas dependentes disporán dunha axuda económica mentres non poidan acceder ao servizo público da súa preferencia
Destaca que o novo Plan de axilización e simplificación da dependencia e a discapacidade reduce os trámites e procura a resolución das solicitudes nun prazo máximo de seis meses
A Xunta mobiliza xa máis de 200 M€ en licitacións para a construción de máis de 2.000 novas vivendas públicas
Allegue anunciou que a partir de marzo se ampliará o Aval para que os adquirentes dunha vivenda protexida, sen límite de idade, accedan ao préstamo hipotecario polo 100% do prezo da vivenda, compatible tamén coas axudas a adquisición
Xunta e entidades sociais alíanse na difusión e promoción do Bono alugueiro social
O observatorio da Vivenda de Galicia reúne a 12 entidades e organizacións vinculadas co traballo e o impulso de medidas destinados á cidadanía en risco de exclusión social en Galicia
A Xunta adxudica por máis de 12,2 M€ a redacción de proxectos e construción mediante técnicas industrializadas de dous bloques de 57 vivendas de promoción pública en Navia, en Vigo
Executaranse dous edificios de 38 e 19 vivendas de promoción pública neste barrio da cidade
A Xunta adxudica dúas vivendas de promoción pública en réxime de aluguer en Carballeda de Valdeorras
O delegado territorial explicou que as persoas beneficiarias xa se poden instalar nas vivendas e resaltou que estas actuacións son unha mostra máis do esforzo do Goberno galego para facilitar o acceso a unha vivenda aos cidadáns
A Xunta recibe máis de 1.300 solicitudes no primeiro día para pedir o Bono Emancípate destinado á mocidade
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten en marcha esta liña de apoio para sufragar os primeiros gastos do fogar, como a compra de mobiliario e outros artigos
A conselleira María M. Allegue anima aos construtores de Lugo a sumarse ao reto de duplicar o parque público de vivenda de Galicia
Allegue puxo en valor a importancia da colaboración público-privada e trasladou as actuacións da Xunta en materia de vivenda aos construtores de Lugo
Ana Ortiz destaca os avances no barrio de Navia con 163 vivendas de promoción pública con obra adxudicada e outras 153 licitada
A delegada territorial en Vigo visitou este xoves a parcela MV-4 do polígono 2 de San Paio de Navia onde se construirán 55 novas vivendas