Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e Galaxia presentan o ensaio ‘Ser humanos’, gañador do premio Ramón Piñeiro 2024
O secretario xeral da Lingua gaba o traballo da autora, Pilar Casal, polo seu “espírito crítico que convida ao debate e reflexión” sobre as novas tecnoloxías
Vigo e a súa área metropolitana acollerán ata final de ano 36 funcións da Rede Galega de Teatros e Auditorios co apoio da Xunta
A cidade olívica contará con 18 actuacións nunha programación que arranca este domingo coa obra familiar ‘Bulebule’, de Os Náufragos.
Xosé Miranda gaña o XXIII Premio de Poesía Afundación, co que colabora a Xunta
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou a relevancia deste consolidado certame para fomentar a produción poética en galego
A Xunta remata a terceira campaña no Castro de Esmelle que permitirá deixar á vista partes das importantes estruturas atopadas nas escavacións
López Campos salienta que a actuación fai visible o corpo de gardae o pavimento enlousado, que conforman un conxunto de carácter monumental que funcionaba como porta de acceso
A Xunta inicia a auditoría técnica de 47 escenarios que integran a Rede Galega de Teatros e Auditorios para mellorar as condicións de uso de artistas e público
Desenvolverase entre os meses de outubro e novembro para acadar un inventario actualizado das dotacións en materiais e de persoal de cada espazo
A delegación da Xunta en Lugo acolle este sábado unhas xornadas divulgativas sobre arqueoloxía lucense abertas a todo o público
O delegado territorial, Javier Arias, animou á cidadanía a acudir para coñecer os últimos avances na investigación dos xacementos máis importantes da provincia da man dos arqueólogos que dirixiron as intervencións
López Campos resalta a proxección exterior da lingua con máis de 4.400 estudantes fóra da Comunidade
Co apoio da Xunta, ofrécense estudos en 41 universidades, con máis de 400 alumnos en España e outros 1.000 entre Europa e América, ademais da India e Mozambique
Carmen V. Valiña gaña o Premio Narrativa Breve Repsol co que colabora a Xunta polo seu impulso da lingua
O xurado valorou a habilidade da autora para “mergullarnos nun xogo de espellos temporais entre o pasado e o presente que nos sitúa na simbólica illa de San Simón”
Ana Ortiz anima aos vigueses a asistir á terceira edición do festival Musicav en Vigo que chega con novo escenario e unha xornada máis de concertos
A delegada territorial, Ana Ortiz, asistiu á presentación do programa do evento que combina música clásica, jazz e cinema