Actualidade
Buscador de novas
A Xunta salienta o compromiso do concello de Beariz coa protección da paisaxe e o ‘fermosismo’
O Concello recibiu dúas subvencións en 2023 ao abeiro da convocatoria de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos, que se destinaron á mellora dun depósito de auga e dun muro de peche perimetral na travesía de San Pedro
O Plan Marco da Xunta deixou preto de 260.000 euros nas zonas rurais do Baixo Miño
O concello de Oia mellorou o camiño de Pedornes grazas a unha achega de máis de 52.000 euros do Plan Marco
A Xunta presenta as fichas técnicas para facilitar o traballo dos axentes urbanísticos e promover o uso sostible do territorio
A nova documentación informativa compila dun xeito sinxelo as fichas relativas ás servidumes procedentes das normativas autonómica e estatal, incorporando todas as novidades aprobadas na última década
A Xunta salienta a importancia do enfoque da infraestrutura verde na xestión da paisaxe
O proxecto GIFT ten como obxectivo establecer medidas e políticas sectoriais efectivas no eido da infraestrutura verde, concibida como unha rede de espazos e elementos que melloren a resiliencia ante o cambio climático, contribúan á conservación da biodiversidade e beneficien ás poboacións da contorna
Belén do Campo destaca o papel fundamental dos administradores de fincas para garantir o bo funcionamento dos fogares galegos
A delegada participou na apertura dunhas xornadas formativas, organizadas polo seu colexio profesional, centradas nos riscos de incendios nos edificios comunitarios
A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras de Galicia
Como novidade, trala publicación do Real Decreto 1177/2023, os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como é o Banco de Terras, poderán acceder aos dereitos da axuda básica á renda da reserva nacional
A Xunta salienta a súa aposta pola promoción e a recuperación do territorio para poñer en valor o sector vitivinícola galego
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e polo alcalde de Ribadavia, César Fernández, participou na inauguración da 61º edición da Feira do Viño do Ribeiro
A Xunta pon en valor o compromiso do concello de Outeiro de Rei co medio ambiente e a conservación da paisaxe coa concesión da bandeira verde de Galicia
Enrique de Salvador pon en valor a ampla actividade municipal con actuacións como o acondicionamento das rutas de sendeirismo e do miradoiro da paisaxe de Paraños
O Plan Marco 2023-2024 deixou máis de 530.000 € na comarca do Salnés e Ullán
O delegado territorial visitou os traballos realizados en varios camiños de Meis con cargo ao Plan do ano pasado e anunciou a achega de 58.000 € que permitirá mellorar o acceso ás parcelas agrícolas das parroquias de Armenteira e Meis
A Xunta inicia os traballos da parcelaria de Guilfrei, en Becerreá, que reordenará 441 hectáreas cun orzamento de 1,3 M€
Hoxe visitaron a zona representantes da Consellería do Medio Rural e da empresa contratada para elaborar as bases e o plan de ordenación de predios de especial vocación agraria