Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 792 novas da área temática Xuventude:

01/07/2023 | 12:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Case 600 mozos e mozas de 12 formacións de toda Galicia cítanse no IV Festival de Bandas Infantís e Xuvenís no Gaiás

Román Rodríguez refírese á importancia de “dar visibilidade entre o gran público ao traballo das seccións máis novas das bandas que fan un labor formativo indispensable”

29/06/2023 | 18:26 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García apoia o primeiro campamento en toda España para nenos xordos

Medio cento de rapaces de toda España participan nesta iniciativa que ten lugar na Residencia de Tempo Libre do Goberno galego en Panxón

29/06/2023 | 13:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia 82 proxectos protagonizadas pola mocidade ao abeiro do programa iniciativa Xove

As axudas teñen un orzamento total de 400.000 euros e están dirixidas a entidades xuvenís ou grupos de mozos de entre 18 e 30 anos

28/06/2023 | 13:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta clausura en Bruxelas o proxecto europeo “Aych” de creatividade e tecnoloxía para a mocidade

A Fundación Galicia Europa formou parte da iniciativa, entre outras entidades galegas e de diversos países europeos, para fomentar a innovación na mocidade atlántica que afronta problemas comúns

21/06/2023 | 13:29 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre mañá o prazo para que entidades e concellos se acollan ao novo programa Xuventude Mentoring na Empresa

Destínanse 1,2 millóns de euros para facilitar a persoas mozas de 18 a 30 anos estadías formativas de tres meses en empresas que melloren a súa capacidade profesional e empregabilidade

17/06/2023 | 17:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que o programa Correspondentes Xuvenís converte ao alumnado en difusor de información de relevancia

Preto de 120 mozos e mozas reuníronse nun encontro final no albergue de Gandarío para expoñer a súa experiencia no programa e ampliar a súa formación sobre información xuvenil

16/06/2023 | 14:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incrementa o apoio á inserción laboral da mocidade co impulso do programa Xuventude Mentoring

O Consello da Xunta aprobou os fondos para a posta en marcha de dúas novas edicións do programa, que chegou este ano a súa terceira edición