Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.868 novas da área temática Áreas temáticas:

16/09/2026 | 09:50 | C. de Sanidade

A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitará o Hospital Álvaro Cunqueiro na procura da solidariedade dos profesionais sanitarios

O xoves 17 de setembro, unha unidade móbil estará estacionada diante da entrada principal do centro hospitalario en horario das 09:30 ás 14:30 horas, para fomentar a doazón dos traballadores e traballadoras e da cidadanía viguesa

15/09/2026 | 21:28 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello lucense de Quiroga, parroquia de Pacios da Serra

O lume iniciouse ás 15.25 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas

15/09/2026 | 18:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mobiliza medios e recursos anticontaminación nos tramos fluviais afectados polo vertido de puríns dunha explotación en Tordoia

Tras recibir o aviso da rotura dunha balsa de xurros a pasada noite a través do 112, Augas de Galicia enviou ao persoal do Programa de control de vertidos para inspeccionar a zona e facer un seguimento que continúa hoxe coa toma de mostras e a realización de analíticas para detectar posibles afeccións

15/09/2026 | 17:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética en instalacións municipais de Chantada

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que se concederon senllas axudas para instalacións de xeotermia na Biblioteca Municipal e no edificio da Policía Local

15/09/2026 | 17:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lamenta que non houbese avances na xuntanza técnica de hoxe para axilizar o traspaso das competencias sobre as autorizacións iniciais de traballo e agarda que se resolva na próxima reunión

A transferencia sofre unha nova demora ao recoñecer o Goberno central que cometeu un erro na proposta presentada á comunidade autónoma

15/09/2026 | 17:05 | C. do Mar

Villaverde defenderá ante o Goberno central unha PPC que permita renovar a frota e garanta un financiamento pesqueiro xusto para o sector

A Xunta apoia a referencia de, cando menos, 7.290 M€ para pesca e acuicultura no marco financeiro 2028-2034 e reclama que estes recursos sexan visibles, plurianuais e non poidan desviarse cara a outras políticas

15/09/2026 | 16:59 | Axencia de Turismo de Galicia

Martina Aneiros destaca o apoio da Xunta á sostibilidade turística cunha nova convocatoria de 9 M€

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o restaurante Las Olas By Pantín ao que se lle concedeu unha achega autonómica de máis de 48.000 euros na última convocatoria