Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 990 novas da área temática Vivenda:

11/10/2024 | 14:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 510.000 euros a redacción de proxectos para a construción de 75 vivendas de promoción pública no polígono do Bertón, en Ferrol

Trátase do contrato de redacción e dirección de obra de novas vivendas, garaxes, rochos e locais na parcela 10 deste polígono, de 2.243 m2 de superficie

10/10/2024 | 15:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amosa ao Goberno central os resultados do modelo de éxito da FP galega logo de 15 anos de aposta continua

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, exerce de anfitrión na visita da ministra de Vivenda ao Centro Integrado de Formación Profesional Someso, na Coruña

10/10/2024 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira M. Allegue fai un chamamento ao empresariado para acadar o reto de duplicar o parque público de vivenda nesta lexislatura

Allegue repasou as actuacións que está a abordar a Administración autonómica en materia de vivenda e as medidas para incentivar a promotores e construtores na construción de vivenda protexida, entre elas a liña de axudas que conta cun investimento de 14M€

10/10/2024 | 12:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licitará na vindeira semana as obras dun edificio máis de 14 vivendas de promoción pública en Xuxán e iniciará nun mes a construción doutro inmoble con 50 vivendas

A conselleira lembrou que a Xunta ten en execución, en diversas fases de tramitación e construción, 144 vivendas de promoción pública no barrio coruñés, onde tamén se levantarán outras 256 vivendas protexidas en cinco parcelas cedidas en dereito de superficie a dúas cooperativas

09/10/2024 | 13:20 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda anuncia que a Xunta reservará para a mocidade o 25% das novas vivendas públicas destinadas á venda e o 40% das promocións destinadas ao alugueiro

Avanza tamén a creación dun bono para axudar á xuventude a afrontar os gastos derivados da emancipación

08/10/2024 | 16:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta entrega dúas novas vivendas de alugueiro social rehabilitadas no centro histórico de Betanzos ao abeiro do Programa Rexurbe

Coas vivendas adxudicadas hoxe, cuxos beneficiarios pagarán unha renda mensual en torno aos 200€, xa son 13 as entregadas pola Xunta aos seus beneficiarios

05/10/2024 | 19:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor o papel fundamental dos arquitectos galegos á hora de impulsar a vivenda pública e a rehabilitación

Lembra que a Administración autonómica se fixa como obxectivo para esta lexislatura duplicar o número de vivendas públicas ata chegar ás 8.000 ou facilitar solo para construír 25.000 novas vivendas

04/10/2024 | 20:01 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda defende unha reforma do financiamento autonómico nun marco multilateral

Sostén que cómpre seguir loitando para “que a igualdade básica entre todos os españois se manteña”

04/10/2024 | 14:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica catro vivendas de promoción pública en réxime de aluguer en Allariz

O delegado territorial explicou que as persoas beneficiarias xa se poden instalar nas vivendas e resaltou que estas actuacións son unha mostra máis do esforzo do Goberno galego para facilitar o acceso a unha vivenda aos cidadáns

03/10/2024 | 15:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reclama que o novo Plan de vivenda recolla programas finalistas que sexan consensuados polas CC.AA. e que conten con dotación suficiente

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, considera “fundamental” a participación das CCAA na redacción da norma reguladora do Plan Estatal de Vivenda (PEV) dende o inicio da súa elaboración