Actualidade
Buscador de novas
A campaña de verán da Xunta é a que máis prazas ofrece de todo o Estado
Neste 2023 ofrécense 11.200 prazas, 400 máis que o ano pasado e 2.200 máis que no ano 2009, en distintas actividades para idades comprendidas entre os 9 e os 30 anos
A residencia Lug 2 da Xunta acolle un encontro internacional de mocidade arredor da innovación e o emprendemento en zonas rurais
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, deulles a benvida aos máis de 60 asistentes de nove países que estes días participarán en diferentes actividades e visitarán a capital lucense, a Mariña e o Camiño Francés
A Xunta visita o albergue turístico de Laias, que acollerá un dos minicampamentos do programa Coñece Galicia
A proposta ‘Ecoverán termal en Laias’, unha das novidades desta edición do programa, desenvolverase durante o vindeiro mes de xullo en tres quendas de cinco días de duración cada unha
Fabiola García felicita aos 80 participantes do programa Deputados por un día por defender causas xustas para mellorar Galicia
O compromiso máis votado polos “novos parlamentarios” foi o de loitar polo clima utilizando máis o transporte público e a bicicleta, e menos o coche
A Xunta dá a coñecer ao alumnado do IES Auga da Laxe iniciativas protagonizadas por emprendedores
María Fontán, mariscadora e creadora da conta ‘Mariscadora 2.0’, e Isaac González, produtor audiovisual, trasladaron aos estudantes as súas experiencias e responderon ás súas dúbidas sobre oportunidades formativas e laborais
A Xunta abre o luns o prazo para anotarse nos minicampamentos Coñece Galicia 2023, con 600 prazas para nenos de entre 10 e 14 anos
Serán estadías de cinco días en doce establecementos hostaleiros da Comunidade Autónoma
A Xunta apoia o proxecto de voluntariado no rural Acompaña 2.0 que desenvolve a escola de tempo libre Colaxe
Fórmanse parellas interxeracionais para darse compañía, favorecer o acceso dos maiores ás novas tecnoloxías e dar á coñecer á xente nova as oportunidades que ofrece o rural
Fabiola García anima á xuventude a participar no programa Voluntariado miúdo para implicarse no deseño dunha Galicia mellor
Un total de 16 centros de ensino e preto de 3000 estudantes de educación primaria participan na oitava edición desta proposta, que ten como obxectivo formar á xuventude en valores
A Xunta concede axudas a 144 entidades de acción voluntaria para a realización de actividades neste ámbito
O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica a resolución desta convocatoria de subvencións