Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 40.469 novas da área temática Áreas temáticas:

04/11/2026 | 14:43 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia a formación universitaria no sector turístico coa concesión de 88 axudas a estudantes do Centro Superior de Hostelería de Galicia

88 alumnos e alumnas dos catro cursos reciben bolsas de Turismo de Galicia, 15 becas de excelencia que cobren o 100% da matrícula e 73 ordinarias que financian o 80% do importe

04/11/2026 | 13:47 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Cidade da Cultura fai dialogar en ‘Ser Noutras’ destacadas obras galegas do Reina Sofía con outras inéditas creadas para esta exposición

O representante da Xunta pon en valor o relato ”colectivo, vivo e interxeracional” desta mostra que achega ao público máis dunha trintena de pezas pertencentes á colección do Museo Nacional e ata outras 15 de nova creación

04/11/2026 | 13:29 | Axencia de Turismo de Galicia

O delegado da Xunta en Ourense participa na presentación do concerto de Judith Hill

O evento celebrarase o na cidade de Ourense mañá, 5 de novembro, no Teatro Principal, co patrocinio de Turismo de Galicia no marco dos Concertos do Xacobeo da Xunta e a colaboración da Deputación Provincial de Ourense

04/11/2026 | 13:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reafirma o compromiso coa boa convivencia nas aulas, que se reforza co novo paquete de medidas para protexer a alumnado e profesorado

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP asiste á estrea dunha curta de animación sobre o acoso escolar no Instituto Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago, coincidindo co Día internacional contra a violencia e o acoso na escola

04/11/2026 | 13:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
04/11/2026 | 13:06 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; Axencia de Turismo de Galicia
04/11/2026 | 12:48 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por máis de 566.000 € a organización, planificación e execución do traslado e posta en marcha do hospital Novo Montecelo

O obxectivo é garantir unha execución eficaz, ordenada e segura das actividades necesarias para o traslado e posta en funcionamento do novo hospital público de Pontevedra

04/11/2026 | 12:34 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta renova a súa colaboración co Festival Breason de Mondoñedo, que se celebra este sábado

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, participou hoxe na presentación do programa, que contará con varios concertos como os de Mercedes Peón e ünder & Diego Flâneur, xunto cunha ampla proposta de actividades para todos os públicos