Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.688 novas da área temática Áreas temáticas:

27/09/2026 | 14:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue pon en valor a colaboración entre Xunta e Concello de Folgoso do Courel para crear un novo vial de acceso ao fondo da vila, a rúa Sandra Rodrigo

Este proxecto acometeuse ao abeiro do Plan Hurbe da Xunta e supuxo un investimento de case 300.000€, financiado polo Goberno galego nun 70% e polo Concello nun 30%

27/09/2026 | 14:25 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal do Concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín

O lume iniciouse ás 13,36 horas do pasado xoves e segundo as últimas medicións provisionais afecta 518 hectáreas

27/09/2026 | 13:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo participa na Carreira da Muller da Coruña que reúne a miles de participantes promovendo hábitos saudables, a igualdade e a solidariedade

A proba, cun percorrido de 6,3 quilómetros, converteu o Paseo Marítimo nunha gran marea rosa e volveu demostrar a capacidade do deporte para reunir persoas de todas as idades

27/09/2026 | 11:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas para executar as obras de 58 novas vivendas públicas no Bertón, en Ferrol, licitadas por investimento de preto de 10,3 M€

Trátase dun novo edificio que constará de vivendas de 1, 2 e 3 dormitorios e serán fogares accesibles, luminosos e eficientes enerxéticamente

27/09/2026 | 11:32 | C. de Sanidade

A Xunta avanza nas obras do proxecto piloto para crear espazos individualizados de atención á cidadanía nos centros de saúde

As intervencións realízanse nos centros de saúde de Ordes, Os Rosales da Coruña, Pontedeume, A Guarda, Monforte de Lemos e Virxe da Peregrina en Pontevedra

27/09/2026 | 10:58 | C. de Sanidade

A Estratexia en compra pública de innovación do Servizo Galego de Saúde gaña os European Public Sector Awards 2025-26

Resultou gañadora na categoría de ‘Prestación de servizos centrados no usuario a nivel subnacional’, tras concorrer con outras 36 iniciativas

27/09/2026 | 10:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 686 estudantes de Bacharelato e FP gozan dunha praza gratuíta ou bonificada nos centros residenciais de educación neste curso

A Consellería vén de publicar as listaxes definitivas de admitidos nestes centros, que facilitan a residencia fóra do seu fogar ao alumnado

27/09/2026 | 10:11 | C. do Mar

Galicia levará a voz das comunidades autónomas ao Consello de Ministros de Pesca da UE para defender os intereses do sector

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participará o martes en Bruxelas no Consello de Agricultura e Pesca (Agrifish), integrada na delegación española e en representación das comunidades autónomas con competencias pesqueiras