Actualidade
Buscador de novas
A Xunta activa desde esta madrugada a alerta laranxa por chuvias no interior de Pontevedra e por temporal costeiro en todo o litoral galego
Suspéndense mañá as actividades no exterior nos centros educativos no interior de Pontevedra pola alerta por chuvias, así como a actividade deportiva federada e do programa Xogade nesta zona
A Xunta destina 1,5 M€ á orde de axudas para colaborar no financiamento dos gastos das entidades locais na contratación de socorristas no verán
A orde sufragará os gastos da contratación de persoal para o servizo de vixilancia, rescate e salvamento en espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas municipais
A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e de Pontevedra
Suspéndese a actividade deportiva no mar, tanto do programa Xogade como federada, nos concellos afectados
A Xunta recoñece o traballo da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia para garantir a seguridade da cidadanía
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na entrega de medio cento de distintivos de permanencia e de medallas ao persoal da unidade, na que se distinguiron actuacións extraordinarias, a traxectoria e antigüedade dos axentes ou a colaboración da UPA con outras institucións
Manuel Pardo resalta o dispositivo invernal da Xunta para garantir a mobilidade da cidadanía na rede autonómica de estradas da provincia
O delegado territorial trasladoulle aos operarios os parabéns do Goberno galego polo traballo exemplar que levan a cabo tralo operativo para coordinar as actuacións e medios materiais e humanos con fin de garantir a vialidade das estradas
A Xunta eleva mañá a vermella a alerta por temporal costeiro no litoral da Coruña e de Pontevedra
Mantense a alerta laranxa na Mariña de Lugo
A Xunta destina 370.000 € aos gastos de funcionamento das agrupacións de voluntarios de Protección Civil
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria deste ano destas subvencións coas que a Xunta contribúe a sufragar os gastos de funcionamento das AVPC
A Xunta activa para mañá a alerta vermella por chuvia no interior de Pontevedra e laranxa en zonas da provincia de Ourense
Suspéndense as clases e o transporte escolar toda a xornada de mañá nos centros educativos e escolas infantís do interior de Pontevedra