Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 547 novas da área temática Enerxía:

16/02/2026 | 15:40 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda anuncia que Recursos de Galicia rebaixará ata un 80 % o custo da electricidade aos 500 fogares máis próximos ao seu primeiro parque eólico

Destaca que a sociedade formalizou a compra do parque eólico Mondigo, converténdose no seu primeiro activo de xeración eléctrica renovable en propiedade

16/02/2026 | 12:56 | C. de Economía e Industria

Belén do Campo anima as gasolineiras a solicitar as axudas da Xunta para mellorar a súa modernización, dixitalización e seguridade e que contan cun orzamento de 800.000€

A convocatoria está aberta desde o 24 de xaneiro ata o vindeiro 9 de marzo e subvenciona, como novidade este ano, a adquisición e instalación de desfibriladores, así como os sistemas para a retirada de diñeiro en efectivo, que xa permitía a convocatoria anterior, entre outras actuacións

13/02/2026 | 13:48 | C. de Economía e Industria; C. do Mar

Villaverde destaca a importancia da auditoría enerxética de recursos de Galicia nos portos para a transición enerxética e a descarbonización

A conselleira do Mar puxo en valor en Ribadeo este traballo que permitirá coñecer o potencial da implantación de renovables nos peiraos autonómicos e facilitará o aforro e  o autoconsumo

13/02/2026 | 13:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta avaliará no Observatorio da Eólica Mariña as achegas que vai facer Galicia á consulta pública aberta polo Goberno

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, presidiu hoxe unha nova reunión deste organismo, do que forman parte representantes do sector industrial e pesqueiro

12/02/2026 | 13:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo destaca en Muxía os investimentos de máis de 57.000€ en mobilidade eléctrica e coidado ambiental realizados no concello co apoio do Fondo de Compensación Ambiental

Belén do Campo informou que a Xunta xa publicou  a nova orde de axudas do Fondo de Compensación Ambiental deste ano para apoiar os concellos na mellora do medio natural. O prazo para solicitar as achegas remata o 6 de marzo

11/02/2026 | 17:03 | C. de Economía e Industria

Seguen activas as axudas da Xunta de ata 4.600 euros para a adquisición de vehículos eléctricos ou de baixas emisións

O delegado territorial visitou esta mañá un concesionario no concello de Pontevedra para informar sobre os detalles desta edición do Plan Renova o Teu Vehículo

10/02/2026 | 13:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta lembra que o prazo para solicitar as axudas para proxectos de enerxía solar fotovoltaica está aberto ata o 2 de marzo

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, deu conta desta orde de axudas durante a visita á empresa Megamalla, S.L., beneficiario da pasada convocatoria

09/02/2026 | 15:21 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade; C. de Economía e Industria
06/02/2026 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica a orde de axudas do fondo de compensación ambiental destinado aos concellos

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria, que incrementa o orzamento a máis de 11,4 millóns de euros para apoiar accións a prol da biodiversidade, do coñecemento dos recursos naturais, da recuperación da contorna e da eficiencia enerxética

05/02/2026 | 13:52 | C. de Economía e Industria

Ana Ortiz destaca as vantaxes do plan Renova o teu Vehículo da Xunta para a compra de vehículos electricos ou de baixas emisións

A iniciativa da Consellería de Economía e Industria incrementa nesta edición o seu orzamento ata os 3,5 millóns de euros, coa previsión de contribuír á venda en Galicia de 1.600 automóbiles eficientes